Toponimia Valadares
61 T O P Ó N I M O S principio se entende por camiño unha vía tradicional, habitualmente de terra, que se diferencia da estrada moderna, de firme asfaltado, moitos dos camiños tradicionais son hoxe pequenas estradas ou rúas asfaltadas tamén, e na rotulación viaria municipal figuran como «c amiño de » se - guido dun segundo elemento que as máis das veces se corresponde co topónimo que designa a zona por onde discorre o camiño, a súa orixe ou o seu destino. O Camiño das Maquías aparece tamén como Camiño Antergo das Maquías na rotulación municipal. É o nome dunha vía asfaltada no barrio da Garrida, próxima ao polígono da Pasaxe, preto da estrema de Valadares con Vincios e Zamáns. Na segunda das denominacións, o uso de antergo (por antigo ), un adxectivo literario, revela a orixe «ad - ministrativa» do topónimo ( Maquías ). Na Garrida, na zona da Gándara e de Seoane, coñécese como o Ca- miño da Areosa unha vía pública paralela á estrada da Gándara, entre esta e a estrada da Escola da Sobreira, que desde Seoane vai confluír co Camiño do Cruceiro na zona do Cruceiro da Areosa ( Areosa ). As propiedades situadas nese Camiño da Areosa , na cartografía do catastro actual figuran unhas con domicilio fiscal en « Estrada da Gándara » ou « Carretera da Gándara » e outras na « Estrada da Escola da Sobreira » . O Camiño das Campaceiras era unha pequena vía pública situada nas Campaceiras ( ), na estrema da Sobreira coa parroquia de Bea- de. Hoxe quedou soterrado pola construción do parque tecnolóxico e loxístico. A vía pública coñecida como Camiño da Chanciña , no barrio da Garrida, recibe o seu nome da zona chamada A Chanciña ( ). O Camiño da Coelleira é un pequeno ramal asfaltado (sen saída) que vai desde a estrada da Gándara cara ao sur, ao oeste de Seoane, preto da estrada de Zamáns (PO-331, Gondomar-O Porriño), ao norte da área de arboredo denominada A Coelleira ( ), da cal toma o seu nome. O Camiño da Devesa é unha vía pública na Sobreira, entre a estra - da da Garrida e a avenida de Clara Campoamor. Asfaltada no tramo inicial, no empalme coa avenida de Clara Campoamor, ao nordeste do IES Valadares, é de terra na actualidade. Toma o seu nome da Devesa da Sobreira ( ). É coñecida como Camiño da Igrexa a vía pública asfaltada que con- duce á igrexa parroquial con entrada e saída desde a estrada de Vala- dares.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==