Toponimia Valadares

59 T O P Ó N I M O S Malia a coincidencia formal co plural de can , ao tratarse dun feminino podemos recoñecelo como o resultado dun latín canales . O mesmo topónimo Cans nomea unha parroquia do Porriño onde houbo un mos- teiro medieval documentado en latín medieval como canales . Como os Cal, Cales mencionados, o topónimo vén motivado por canalizaci óns para aproveitamento da auga. Calvario — — O Calvario (A Igrexa) O Calvario é unha zona de vivendas e de terras de labor no barrio da Igrexa. Debe o seu nome, igual ca outros lugares homónimos, como o barrio vigués do Calvario, a un calvario monumental que representa a crucifixi ón de Cristo. O nome procede de C alvarium , denominación la- tina do Gólgota, o monte onde se produciu esa crucifixión. O Calvario do barrio da Igrexa de Valadares xa era núcleo habitado no século xviii , segundo vemos no Catastro de Ensenada, onde forma parte das cadeas onomásticas que identifican os veciños: Domingo Pérez do Calvario , Joseph Ramón Álvarez Pérez do Calvario . Calzada — — A Calzada (A Sobreira) Calzada (< latín calceatam ) é un substantivo relativamente común na toponimia galega; o Nomenclátor de Galicia recolle vinte e cinco lo- calidades chamadas A Calzada , e é igualmente frecuente na toponimia menor. É un topónimo viario, que designou en orixe camiños empe- drados, particularmente os antigos, da rede viaria romana, pero tamén calquera camiño empedrado altomedieval ou posterior. En Valadares, A Calzada é unha área de vivendas e de terras de labor no barrio da Sobreira, ao sueste do parque tecnolóxico. É a zona inmediata á estra- da da Garrida, polo que posiblemente foi o camiño precedente desa estrada o que motivou o topónimo. No Libro de afanegados rexístrase Calzada e Cocho da Calzada ou Cocho-Calzada , e designa terras de labradío de regadío e de secaño, mais o lugar xa contaba daquela con algunhas vivendas.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==