Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 58 — — As Cales (A Garrida) — — As Cans (As Barrocas) — — As Cans (O Freixo) — — Fonte das Cans (As Barrocas) — — Área de Lecer das Cans (As Barrocas) Cal é o resultado galego do latín canalem ‘ conduto para conducir auga’, que noutras áreas de Galicia deu canle , co mesmo significado. Ademais da forma cal (plural cales ), na toponimia de Valadares temos outro resultado alternativo no nome das Cans (< latín canales ), que pro- bablemente é un topónimo antigo, nacido xa en latín. É un substantivo feminino ( unha cal , as cales , as cans ), común na zona para designar unha condución de auga, nos máis dos casos obra humana, destinada ao rego, a un muíño, a un lavadoiro etc. O Cocho da Cal é o nome actual dunhas terras de cultivo, maiori- tariamente millo, nas Mouteiras, ao leste da Ervellacosa, no barrio da Sobreira. É un cocho (‘pequeno pedazo de terra abrigado e destinado a cultivo de hortaliza’) que debe o seu nome a unha cal (< lat. canalem ) ou canalización usada para o rego ou para outro destino. Quizais é a mesma que se rexistra como A Cal do Lavadouro no mesmo barrio da Sobreira no Catastro de Ensenada ( « labradío regadío primera calidad al sitio Cal de Lavadouro » ). A Mina da Cal é unha área de monte no estremo oeste das Barrocas, onda os Banzóns da Lapela. Debe o seu nome a unha mina ( ‘ condución subterránea de auga’) e á cal ou canle correspondente ( Mina ). As Cales é unha zona de vivendas e de terras de labor ao norte de Seoane. No Catastro de Ensenada figura maioritariamente co nome en singular ( « monte de 2ª calidad al sitio de Cal » ); no Libro de afanegados xa é máis común en plural ( Cales , toxal; Cal , devesa e toxal; Cales , toxal e piñeiral). As Cans nomea unha zona de vivendas, mato, arboredo e terras de labor no barrio das Barrocas. O mesmo nome de As Cans designa unha área en San Xoán, no barrio do Freixo, e está presente tamén na Fonte das Cans e As Cans de Abaixo (Alba de Arriba). O mesmo topónimo tra- dicional serviu para denominar a á rea recreativa actual chamada Área de Lecer das Cans . No século xviii , o lugar das Cans xa era un núcleo habitado, segundo podemos ver no Catastro de Ensenada: « casa terreña al lugar das Cans » , « Domingo Iglesia das Cans » , « María Martínez del lugar das Cans » etc.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==