Toponimia Valadares

57 T O P Ó N I M O S Caeiro — — O Caeiro (O Carregal) O topónimo O Caeiro nomea sete localidades en Galicia, segundo o Nomenclátor, todas elas situadas no suroeste, na provincia de Ponteve- dra. Considérase que conteñen o resultado galego dun latín * cadarium , derivado do verbo cadere ‘caer’, que na toponimia designa lugares ca- racterizados pola súa orografía: unha caída ou pendente pronunciada do terreo. En Valadares, O Caeiro é o nome dunha área no barrio do Carregal, ao sueste do túnel, maioritariamente ocupada por terras de labor, mato, arboredo e prados. Documéntase polo menos desde finais do século xvi , no preito do lugar do Portal: « Caeyro » , « puerto del Caeiro » , « agua que viene do porto de Caeiro » . No Catastro de Ensenada e no seu Expe- diente de comprobación , a forma singular ( « al sitio del Caeyro » ) alterna algunhas veces co plural: « sitio de Caeiros » . Cagalla — — As Pedras das Cagallas (A Sobreira) — — A Chan do Cagalleiro (As Barrocas) Cagalla é o nome común en galego, da familia léxica do verbo cagar (do latín cacare ), que designa o excremento de ovellas e de cabras, e tamén doutros animais pequenos como coellos, ratos etc., ou mesmo de aves. A orixe dos topónimos que conteñen este substantivo debeu vir motivada pola presenza anecdótica de deposicións animais no lugar designado, aínda que non podemos descartar outras motivacións. As Pedras das Cagallas é o nome dunha área de arboredo e de mato no monte da Sobreira, ao sur da avenida de Clara Campoamor, preto da estrema da parroquia con Zamáns. A Chan do Cagalleiro é unha área de mato e de arboredo na ladeira norte do monte dos Pozos, no barrio das Barrocas. Cal, Cales, Cans — — A Cal do Lavadouro (A Sobreira) — — O Cocho da Cal (A Sobreira) — — A Mina da Cal (As Barrocas)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==