Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 56 ademais do Camiño do Cacheiro , ao sur da estrada da Gándara, na parte máis meridional do barrio da Garrida. Cacho — — A Horta do Cacho (O Portal) Non puidemos localizar con precisión un topónimo A Horta do Ca- cho que a documentación histórica sitúa no barrio do Portal ( Hor- ta ). Cremos que contén no seu segundo elemento o substantivo co- mún cacho (latín * cacc ŭ lum ) ‘pedazo’, posiblemente refer índose a que a herdade ou a propiedade así chamada formaba parte en orixe doutra propiedade maior. Cadaval — — Cadaval (A Sobreira) Cádavo é un termo botánico propio do norte peninsular, posible- mente de orixe prerromana; pode ter un significado xenérico de ‘can- do, tizón, pau que se pon en brasa para iluminar’ ou específico para designar a planta tamén chamada abrótea ou asfódelo , empregada para eses usos. Na toponimia de Galicia repítense localidades chamadas Cá- davo , Cadaval , Cadavedo , Cadavide etc., referidas ás mesmas especies botánicas. Un derivado colectivo aparece rexistrado como Cadaval no Catastro de Ensenada no barrio da Sobreira: cultivos de secaño e de regadío de segunda e de terceira calidade « al sitio de Cadaval » ; tamén se documenta no Libro de afanegados (« Cadaval, labradío regadío» ). Neste libro dísenos que diferentes propiedades situadas na Sobreira e en Seoane pagan rendas ou foros á casa de Cadaval (por exemplo, un pedazo de devesa no sitio de Carballases: « a la casa Cadabal una cunca de maíz» ), polo que posiblemente o topónimo non se refire á flora do lugar senón que contén este apelido, que á súa vez ten orixe nun lugar así chamado. Segundo vemos no Catastro de Ensenada, no século xviii tiña moitas propiedades na parroquia de Valadares o fidalgo Bernardo de Cadaval, veciño de San Fiz de Nigrán.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==