Toponimia Valadares

55 T O P Ó N I M O S der ás terras que se rexistran como Codesal no Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados como Cachadas , cualificadas como labradío de regadío de terceira calidade. A Cachada é tamén unha área de prados, mato, terras de cultivo e arboredo tamén no barrio de Freixo, no sueste da Costa do Freixo e ao suroeste da Pinguela, xa preto de Casouteiro. Aparece no Libro de afanegados como « Hermitóa Cachada » (  Mitoas ) e cualificada como terra de labradío de segunda e de terceira calidades. Ademais, A Cachada é o nome dunha zona no barrio do Carregal, ao norte da entrada leste do t únel de Valadares e na beira da estrada da Garrida, ao sur do Campo da Presa. Nalgunhas fontes aparece como Cachada-Currás (  Currás ). Un derivado diminutivo e plural, As Cachadiñas , designa unha área de prados, mato e arboredo na ladeira noroeste do monte Cepudo, ao sur da Chan dos Campos, no barrio do Freixo. A Cacheira é o nome dun núcleo habitado do barrio das Barrocas, na estrada do Freixo, ao nordeste do monte Alba. No século xviii aínda non había casas e no Catastro de Ensenada só se rexistra como mon- te de segunda e de terceira calidade; probablemente seguía estando deshabitado no século xix , pois no Libro de afanegados as propiedades situadas no lugar da Cacheira e dos arredores (en ocasións cos nomes de A Coviña , Cacheira ou Coviña , Cacheira ou Castiñeiras ) veñen ca- racterizadas como tomada, piñeiral, devesa ou monte de segunda e de terceira calidade. A Cacheira é tamén o nome da zona de mato, arboredo, prados e terras de labor inmediata ao núcleo habitado da Cacheira, nas Barro- cas. Nesa zona sitúase tamén A Pedra da Cacheira (unha área de monte onda O Costal do Peimallo, ao sur do núcleo da Cacheira, na ladeira nordeste do monte Alba), a Lagoa da Cacheira (prados, terras, arboredo e mato) e a Fonte da Cacheira ou Fonte Cacheira. Un plural As Cacheiras da Lapela designa unha área de monte na Lapela, ao sueste do Zondal, no barrio do Freixo. No Libro de afanega- dos figura como Cacheiras e as súas terras son cualificadas de tomadas, isto é, monte cachado para o seu cultivo. No estremo sur da parroquia, ao leste do polígono da Pasaxe, na Garrida, un masculino O Cacheiro nomea as áreas chamadas A Chan do Cacheiro e o Campo do Cacheiro , con cultivos, prados e arboredo,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==