Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 54 Cachar — — A Cachada / As Cachadas (O Freixo) — — A Cachada (O Freixo) — — A Cachada (O Carregal) — — As Cachadiñas (O Freixo) — — A Cacheira (As Barrocas) — — Fonte da Cacheira (As Barrocas) — — As Cacheiras da Lapela (O Freixo) — — O Cacheiro (A Garrida) — — Camiño do Cacheiro (A Garrida) No século xviii , o Padre Sarmiento explicaba o significado dun verbo cachar usado en Pontevedra como ‘sembrar de trigo o centeno una roza después de ararla’, segundo vemos no Dicionario de dicionarios . Este cachar pertence á mesma familia do substantivo cacho (< latín * cacculum ) ‘pedazo, anaco’ e o seu significado é idéntico ao de britar , rozar , vesar , romper monte : ‘amansar unha terra brava ou de monte arándoa en profundidade para cultivar cereal’. O substantivo cachada designa esa terra que se cachou para cultivala, e vén sendo sinónimo de roza , vesada , rotea etc. Na toponimia galega ten notable presenza, tanto nos nomes de núcleos de poboación (o Nomenclátor de Galicia recolle catorce localidades chamadas Cachada ou Cachadiña ) coma na toponimia menor (varios centos en Galicia Nomeada). A maior parte destes topónimos debeu nacer en data relativamente tardía, quizais a partir do século xvi . No preito do lugar do Portal lemos referencias a esa práctica co verbo romper : « …mas la heredad de Agua Longa ansí como vós y el dicho hijo de A º Costas la rrompistes de monte » (1581). No Catastro de Ensenada rexístranse en Valadares topónimos coa forma Cacheiro , Cacheira , pero non os Cachada , Cachadiña que temos hoxe, que en cambio xa se rexistran no Libro de afanegados , polo que segura- mente naceron a partir da segunda metade do século xviii ou xa no xix . Nas fontes cartográficas recentes alterna o singular A Cachada co plural As Cachadas para designar unha área de terras mansas (cultivos, prados) ao leste e ao sur dos montes e dos arboredos chamados A Gas- para e Outeiro da Gaspara , no barrio do Freixo, ao norte da parroquia. Noutras fontes diferéncianse nesa área A Cachada de Amieiros ou sim- plemente Amieiros ( ), a situada máis ao norte, e A Cachada do Co- desal ou simplemente Codesal ( ), máis ao sur. Deben de correspon-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==