Toponimia Valadares

53 T O P Ó N I M O S Cabreiros e Cabreira son derivados de cabra mediante os sufixos -eiro , -eira . Na demarcación da parroquia de Valadares do Catastro de Ensenada, un dos marcos do sur, na estrema con Vincios, recibe o nome de Cabreiros ; no mesmo catastro rexístrase tamén un lugar que estivo habitado, chamado Cabreira , que non puidemos localizar con exactitude: « casa arruinada al lugar de Cabreira » ; neste caso non po- demos descartar que o nome se deba a un apelido de propietarios (en Valadares hai portadores do apelido Cabreira no século xviii , como un Juan Cabreira , veciño da Sobreira). A Corte de Cabras é o nome de dúas áreas de monte no barrio das Barrocas, unha delas ao sur de Casouteiro, preto da estrema coas te- rras do barrio do Freixo, e outra ao suroeste da zona denominada Os Courás. Esta segunda vén cualificada como mato e como labradío de secaño no Libro de afanegados . Os topónimos posiblemente deban a súa orixe a un cercado para recoller estes animais (  Corte ). Outro topónimo, O Cocho das Cabras , rexístrase no Castastro de Ensenada e mais no Libro de afanegados como nome dunha área na Sobreira, que non puidemos localizar na actualidade, onde tiñan pro- piedades cultivadas veciños residentes nos Fabás. O Ollo da Cabra é unha zona de terras de labor e de vivendas na Garrida, a ambos os lados da estrada da Garrida, que comunica a ave- nida de Clara Campoamor coa estrada de Valadares, ao leste do ca- miño da Pomba, xa preto do barrio da Sobreira. Ollo de Cabra é un topónimo que se repite con relativa frecuencia na toponimia galega e portuguesa. Na documentación medieval do mosteiro ourensán de Ra- mirás menciónase unha viña tamén chamada Ollo de Cabra en 1483. O de Valadares ten paralelo noutro Ollo da Cabra na veciña parroquia de Zamáns (Galicia Nomeada). Aínda que o substantivo ollo (< latín oculum ) na toponimia adoita designar un nacente de auga ou manan- cial, como nos frecuentes Ollo da Fonte , Ollo da Auga etc., cremos máis probable que estes topónimos veñan motivados pola vexetación do lugar, pois ollo de cabra foi a denominación de varias clases de plantas, gramíneas ou leguminosas, quizais pola semellanza das se- mentes cos ollos das cabras, de pupila rectangular, como na variedade de feixóns tamén chamados de ollo de cabra .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==