Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 52 labor, en tanto que a zona de arboredo veciña era coñecida como O Groño . No século xix , o nome de Cabaleiro , ou en ocasións en plural, segue designando só as terras de labor, e a zona de mato e de arboredo rexístrase no Libro de afanegados como Groño-Cabaleiro ou Groño de Cabaleiro , cualificado como devesa , piñeiral ou toxal . Cabaleiro é un derivado común do substantivo cabalo (< latín ca - ballum ), aínda que descoñecemos a motivación do seu emprego como topónimo. Máis ca á presenza de cabalos no lugar, é verosímil que o nome se referise en orixe a un propietario alcumado O Cabaleiro ou apelidado así, pois Cabaleiro e a súa castelanización Caballero son apelidos relativamente frecuentes en todo o territorio tudense. Algúns derivados de cabalo e de cabalgar tamén orixinan topónimos que de- signan grandes pedras superpostas, como nunha Pedra Cabalaria da ve - ciña parroquia de Beade; hoxe non se advirte na paisaxe das inmedia- cións da volta do Groño unha formación rochosa que puidese xustificar esta motivación do topónimo, mais puido habela no pasado. Cabra — — Cabreiros (A Garrida) — — Cabreira (A Garrida) — — O Cocho das Cabras (A Sobreira) — — A Corte de Cabras (As Barrocas, Alba de Arriba) — — O Ollo da Cabra (A Garrida) Cabra é nome común galego, continuador do latín capram . A cabra forma parte dos animais domésticos desde tempos prehistóricos e ata a Idade Moderna tamén sobreviviu en áreas montañosas afastadas a cabra montesa ou a cabra brava; unhas e outras deixaron pegada na toponimia. O Nomenclátor de Galicia recolle máis de corenta loca- lidades que levan no seu nome a palabra cabra ou un derivado, e na microtoponimia cóntanse por centos os nomes que se refiren a estes animais. Pola información que nos ofrece o Catastro de Ensenada, non son poucos os veciños da parroquia de Valadares que posuían cabras daquela, aínda que entre o chamado gando miúdo eran máis frecuentes as ovellas. Na toponimia da parroquia de Valadares temos referencia a estes animais nos seguintes nomes:

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==