Toponimia Valadares

51 T O P Ó N I M O S breñada , participio feminino de esbreñar , verbo derivado de breña , un termo de orixe incerta, quizais prerromana, que o DRAG define como ‘conxunto espeso de matas ou maleza’. Esbreñar sería entón unha for- mación análoga a espedrigar (  ), mediante o prefixo es - (< latín ex -) e significaría ‘limpar de breña ou maleza’, ‘rozar’. Unha terra esbreñada sería unha rozada (  ), terreos que eran bravos e incultos e foron lim- pados de matogueira. Bruñeiros  Abruñeiros Bufo — — Bufos / Bufos-Abelal (A Sobreira) Bufo (do latín bubo ) é o nome galego de varias especies de aves de rapina nocturna. As fontes documentais relativas á parroquia rexistran no barrio da Sobreira unha área de mato denominada Bufos que hoxe non puidemos localizar mais que estaría á beira do Abelal, pois tamén se rexistra como Bufos-Abelal . Parece que na súa orixe puido referirse á presenza ou á abundancia destas aves na zona; o bufo adoita ter como hábitat zonas de arboredo e cantís rochosos. Dado o uso de Bufo , Bufa tamén como sobrenome persoal, non podemos descartar a posibilidade de que o topónimo responda a este uso. Buzana, Busana, Busela  Bouza Cabada, Cabadiña  Cavar Cabalo — — Cabaleiro (A Garrida) Cabaleiro é o nome dunha área de terras de labor, arboredo e prados na Garrida, na estrema coas Barrocas, ao nordeste da estrada na cha- mada volta do Groño. O Catastro de Ensenada rexistra con ese nome ( Cabaleiro , Caballeiro ) as propiedades situadas nesa área e cualíficaas como cultivos de secaño e de regadío de segunda calidade, o mesmo ca no Libro de afanegados . Daquela Cabaleiro designaba só as terras de

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==