Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 50 dades galegas levan no seu nome a palabra bouza ou un derivado. Na toponimia de Valadares témola nos seguintes topónimos: Bouzacova é unha zona de campos con algunha vivenda, no barrio do Freixo, ao suroeste da Gaspara, xunto á estrada de San Xoán. É un composto de bouza co adxectivo covo, cova , que designa unha bouza ‘afundida, baixa, situada nun fondal’. Rexístrase no Memorial cobrador de censos das franciscanas de Vigo: « Campo de Bouçacoba » (1672). A Bouzana é o nome dunhas terras de labor na Garrida, ao sur de Seoane, onda a estrada de Zamáns. No Catastro de Ensenada rexístrase como Bozana , Buxana , Buzana e Busana de Seoane , onde se cualifica de labradío de regadío de segunda e de terceira calidades. O topónimo parece conter un derivado do nome da vila de Bouzas, non sabemos se directamente cun xentilicio feminino ( A Bouzana = ‘a de Bouzas’) ou se mediante un adxectivo formado a partir do xentilicio masculino ( A Bouzana = ‘a do bouzán , ou sexa, do de Bouzas’, como A Garrida é ‘a de Garrido’ ou A Falcoa , ‘a de Falcón’). No mesmo catastro e noutras fontes escritas relativas á parroquia hai referencias a veciños de Bouzas que teñen propiedades en Valadares. As formas sen ditongo <ou> con que se rexistra nas fontes escritas poden explicarse por castelanización ou por simple alteración fonética. Presenta a mesma alteración un to- pónimo Boucela , diminutivo de bouza , que se rexistra no Catastro de Ensenada e no seu Expediente de comprobación como Busela e non puidemos localizar na actualidade; daquela nomeaba unha propieda- de cultivada (regadío de segunda e de terceira) dun veciño da Sobreira chamado Antonio Pérez. Esta redución do ditongo < ou > nos rexistros escritos ten paralelo nos derivados de couso (  ). Breña — — A Esbreñada / Erbreñada (As Barrocas) — — A Esbreñada / Erbreñada (O Carregal) Un topónimo Erbreñada aparece repetido na parroquia para nomear dúas propiedades onde hai na actualidade respectivas vivendas: unha no barrio das Barrocas, ao sur da Pinguela e do cemiterio privado, e outra no barrio do Carregal, na zona dos Cañotais, fronte ao hospital. Non rexistramos estes topónimos na documentación histórica. Aparen- temente conteñen unha realización con rotacismo (o - s final de sílaba pronunciado como R cando vai ante determinadas consoantes) de A Es-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==