Toponimia Valadares

49 T O P Ó N I M O S en singular, A Becerreira , entre O Freixo e A Igrexa, á beira dos Mar- tices. Non sabemos se este topónimo veu motivado pola presenza de becerros no lugar ou se naceu a partir dun nome de propietario, pois rexistramos o uso deste termo como apelido ou como sobrenome na parroquia na documentación histórica: unha Dominga da Becerreira no preito de 1597. Todos ou a maioría dos portadores deste sobrenome no Val de Fragoso deben de ter ascendencia remota no lugar da Becerrei- ra, na parroquia de Cabral. Besada  Vesada Besta, Pardabesta  Prado da Besta Bispo — — O Bispo (A Sobreira) O bispo (do latín episcopum , tomado do grego) é a máxima autorida- de eclesiástica dunha diocese. Na toponimia de Valadares está presen- te nunha área de arboredo denominada O Bispo , no barrio da Sobreira, nas proximidades de Fontefría e na estrema coas parroquias de Beade e de Zamáns, polo que tamén se rexistra co nome de Bispo-Fontefría , onda a estrada da Garrida. Desde polo menos o século xvii temos rexis- tros escritos relativos a propiedades do bispo de Tui nesa zona da So- breira. Nos foros do convento de San Domingos de Pontevedra nas pa- rroquias do Val de Fragoso ( Segundos traslados ) encóntrase referencia á « Coutada da Moscaveira que es del obispo de Tui » (1646). Bouza — — Bouzacova (O Freixo) — — A Bouzana (A Garrida) Bouza é un termo de orixe prerromana que permanece vivo no léxi- co común e ten moita presenza na toponimia. Nos dicionarios defínese como ‘terreo inculto, con maleza, toxos, xestas, uces’ ou como ‘mato- rral’. Segundo o Nomenclátor de Galicia, preto de duascentas locali-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==