Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 48 era o nome que recibía unha familia portadora deste apelido, descen- dente dun individuo así chamado. Os Bértolos é un núcleo habitado no barrio das Barrocas, ao sureste do cemiterio particular, ao cal se chega baixando desde este polo cha- mado Camiño dos Bértolos . Rexístrase no Catastro de Ensenada, coas grafías Bertholos e Bertolos , como núcleo habitado (polo menos tres vivendas, casas terreñas de diferentes propietarios) e tamén describe un monte de segunda calidade, labradío de hortalizas de primeira e seca- ño de terceira. É probable que o topónimo Os Bértolos se consolidase como nome de núcleo habitado no século xvi , dada a documentación dos preitos de Sim ó n Rodríguez, onde atestamos na parroquia de Vala- dares en 1597 un « lugar de Gregorio Roco » [Rouco]… « que es agora de Jº Vertulo » [Juan Bértolo]. Posiblemente eran propiedades da xente do lugar dos Bértolos as te- rras do Freixo denominadas Os Bértolos do Areeiro , ao sur do Zondal. O feminino A Bértola , nome dunha zona de arboredo no barrio da Sobreira, ao nordés de Vales, dentro das Coutadiñas, podería conter un nome persoal feminino de propietaria, mais tamén é verosímil que sexa un derivado do nome masculino: A Bértola = ‘A de Bértolo ou dos Bértolos’, segundo o mesmo procedemento que orixinou os topónimos A Garrida , A Simona etc. Becerro — — A Becerreira (O Freixo/A Igrexa) — — O Cu do Becerro (As Barrocas) O substantivo becerro é un termo común, de orixe prerromana, que designa as crías do gando vacún. Na toponimia de Valadares témolo no nome do lugar coñecido como O Cu do Becerro  (  ). Un derivado Becerreiras (tamén coa grafía Bezerreiras ) consta no Catastro de Ense- nada entre as terras « del Común » da vila e do couto de Valadares. Este topónimo identificámolo co que se coñece na actualidade maiormente

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==