Toponimia Valadares
47 T O P Ó N I M O S Bautista Campos de Bautista Bazoca — — Bazocal / Bazucal (O Portal) Algunhas fontes recollen un topónimo Bazucal ou Bazocal no ba- rrio do Portal, que identificamos co que figura no Catastro de Ensena- da como Mazocal ( ). É un colectivo formado co sufixo - al (< latín - ale ) a partir dun substantivo bazoco ou bazoca . Estes termos adoitan designar concavidades do terreo onde se empoza a auga da chuvia; son palabras de orixe prerromana, posiblemente céltica, relacionadas con nomes de recipientes como bacía , o substantivo bazuncho , que se aplica a persoas grosas, ou o verbo bazucar ‘chapuzar’ etc. Outra posibilidade é que o topónimo teña relación coas viñas, pois bazoca é a denominación dunha variedade de uva, probablemente derivada do nome do órgano anatómico chamado bazo , debido á súa cor amarela. Non puidemos localizar con precisión este topónimo na actualidade. Bértolo — — Os Bértolos (As Barrrocas) — — Camiño dos Bértolos (As Barrocas) — — Os Bértolos do Areeiro (O Freixo) — — A Bértola (A Sobreira) Bértolo é un hipocorístico ou unha abreviación do nome persoal que ten en galego as formas Bartolomeu e Bertolameu . É un antropónimo da tradición cristiá, tomado do nome dun dos apóstolos. Crese que ten orixe nun patronímico da lingua aramea. É probable que a devoción por este santo e o seu culto no alto do monte Alba, relacionados coa fonte do mesmo nome ( ), sexan anteriores á institucionalización da capela dedicada á Virxe baixo a advocación de Nosa Señora da Alba. Como adoita suceder, o culto a un santo nun territorio adoita favorecer a imposición dese nome como nome de pía entre a veciñanza. Aínda que entre os propietarios de terras en Valadares que recolle o Catastro de Ensenada hai dous portadores deste nome persoal, é probable que fose máis común o seu uso no pasado. Interpretamos que Os Bértolos
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==