Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 46 A Barxa é o nome dunha zona na estrema de Valadares con Beade, que denomina tamén o núcleo de poboación do mesmo nome, en Bea- de, e mais o Río da Barxa , alternativamente chamado Río de Babio ( ) que abastece de auga os muíños dos Babios. Conviven para estes topó- nimos as formas singular e plural (A Barxa / As Barxas) , se ben o plural tamén se aplica especificamente ás terras de labor situadas ao norte do Barxío, na avenida de Clara Campoamor, fronte ao parque tecnolóxi- co. Na estrema deste Barxío, unha área de cultivos consta nalgunha fonte como A Barxa do Redondo ou Barxa-Redondo ( Redondo ). No Catastro de Ensenada estes nomes rex í stranse só coa forma singular, en varios casos no composto Barxa de Prado ( Barja de Prado ), pois estas áreas lindan ao sur co núcleo de Prado, e as terras que designan veñen cualificadas como monte e como labradío de secaño de segunda cali- dade. Nos libros de apeos de San Domingos de Pontevedra vemos referen- cias a propiedades que tiña o convento nesa área da estrema entre Va- ladares con Matamá e Beade, que a mediados do século xvii contaban entre os seus foreiros co párroco de Matamá, Andrés de Casasnovas, e mais con Juan de Comesaña, veciño de Valadares: « de los Campos da Barja » (…) « Campo da Barxa » (…) « camino que va para la Barja » ( Segundos traslados , ano 1646). O Barxío é un derivado de barxa . Nomea unha área de arboredo ao oeste do parque tecnolóxico e das Cerdeiras, no barrio do Portal. A di- ferenza de barxa ou barcia e os seus diminutivos, que se repiten moito na toponimia galega, barxío é un derivado pouco frecuente, cun sufixo -ío tamén de probable orixe prerromana. En Galicia Nomeada, onde se recollen preto de medio millón de topónimos, só se rexistran exemplos coa forma barxío na parroquia de Valadares (Vigo) e mais en Nigrán e Parada (Nigrán).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==