Toponimia Valadares
45 T O P Ó N I M O S Barrocas (terras de labor e de arboredo; no Catastro de Ensenada rexís- trase como labradío de segunda calidade), a Fonte das Barrocas e o seu lavadoiro, tamén coñecido como Lavadouro das Barrocas , e mais a Estrada das Barrocas , que sobe desde a estrada de Valadares. Nas fontes documentais rexístrase un diminutivo A Barroquiña na Garrida que non puidemos localizar na actualidade. No preito do Por- tal (1587) dáse conta doutra barroca próxima ao núcleo do Covelo: « por el comareiro abajo a la barroca del Cobelo » . Barronco — — Fonte do Barronco (O Freixo) O termo barronco , o mesmo ca barranco , ten orixe prerromana; am- bos designan un desnivel pronunciado entre dous planos do terreo. Gardan relación etimolóxica cunha das acepcións de Barroca ( ), da cal serían variantes. Na toponimia de Valadares rexístrase unha fon- te denominada Fonte do Barronco no barrio do Freixo, ao oeste da Miragaia, a carón da estrada do Regueiro, que recibe o seu nome do pronunciado desnivel do terreo. Barxa — — A Barxa / As Barxas (A Sobreira) — — Río da Barxa / Río das Barxas (A Sobreira) — — As Barxas (A Sobreira) — — A Barxa do Redondo / Barxa-Redondo (A Sobreira) — — As Barxiñas (O Freixo) — — O Barxío (O Portal) Barxa e Barcia (e derivados Barxela , Barciela , Barxiña , Barxío etc.) son termos moi presentes na toponimia galega que designan terreos á beira dun río ou as ribeiras que o río cobre nas súas enchentes. Son palabras de orixe prerromana, dunha raíz hidronímica indoeuropea * var -, documentadas en latín medieval como vargena e varcena . Teñen correspondencia en Bárcena na toponimia castelá. No DRAG constan como varxa, varcia , co V- etimolóxico, mais deixaron de ser palabras de uso común e só sobreviven na toponimia, onde se consolidou tradi- cionalmente a grafía con B-.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==