Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 44 derivados ( Barroquiña, Barroqueiro, Barroqueira , Barrocal , Barro- que …), que teñen paralelos na toponimia portuguesa. Son nomes de orixe prerromana e de significado problemático, pois idénticos termos aplicáronse a realidades moi diferentes. No masculino barroco pare- ce predominar o sentido de ‘penedo’, ‘rocha illada’, ‘grandes pedras graníticas de forma redondeada’, e ten paralelo no castelán occiden- tal berrueco e no seu derivado berroqueño . A forma feminina barroca aparece na toponimia galega ás veces designando penedos, ás veces desniveis pronunciados ou cavorcos provocados polas enxurradas de chuvia, ás veces lamazais. Encontramos a mesma ambigüidade en lingua portuguesa; no seu Dictionarium latino lusitanicum et vice ver- sa lusitanico latinum , do ano 1570, Jerónimo Cardoso explica barroca como equivalente do latín rupes ‘rocha’, en tanto que o Vocabulário portuguez de Bluteau, do ano 1720, definía barrocas como ‘covas que fazem as agoas impetuosas’. Nos diferentes topónimos galegos e por- tugueses que conteñen o substantivo barroca podemos distinguir as í tres posibles significados: 1, o de ‘avultamento redondeado’, aplicado a formacións pétreas, quizais relacionado con outros termos prerromanos como barriga , barril , o mencionado berrueco castelán e quizais o latín verruca ‘verruga’; 2, un significado próximo ao de barranco , para de- signar lugares con desniveis pronunciados ou cantís case verticais; e 3, un significado próximo ao de barro , para designar lugares húmidos. O Nomenclátor de Galicia recolle tres localidades chamadas A Ba- rroca nos concellos de Vigo (Navia), Oia (Viladesuso) e Vilagarcía de Arousa (Cea), ademais do plural As Barrocas da parroquia de Valada- res. O exame dos espazos denominados A Barroca no suroeste galego permite supoñer que o máis verosímil é que o significado do topónimo nesta área non sexa o relativo ás grandes pedras senón o de ‘cavorco, barranco’ ou ‘cantil’, ‘ladeira ou aba de pendente moi pronunciada, onde as chuvias torrenciais abren cavorcos no terreo’. Na cidade de Vigo existe a fonte denominada Fonte da Barroca ; segundo Taboada Leal (1840), A Barroca era o pronunciado desnivel ou cantil que sepa- raba as ladeiras do Castro (as rúas da Falperra e de Santiago) da Ribeira do Berbés. As Barrocas é o nome do barrio suroccidental de Valadares, lindan- te coas parroquias de Chandebrito e de Vincios. De acordo co dito, o nome viría motivado polo pronunciado desnivel das ladeiras do Ce- pudo e do monte Alba. Do nome do barrio toman o seu o Castro das
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==