Toponimia Valadares

43 T O P Ó N I M O S Nas fontes escritas rexístrase un topónimo A de Barros no barrio das Barrocas, que designa terras de labradío de segunda calidade. Pola estrutura do topónimo ( A de + Nome ) semella conter un apelido Barros . Este apelido rexístrase na parroquia polo menos desde o século xvi ; no preito de 1597 constan entre os propietarios de terras en Valadares dous individuos chamados Gregorio de Barros e Tristán de Barros . Os derivados máis comúns son os formados cos sufixos - eiro , - eira . A Barreira é o nome dun núcleo habitado no barrio da Igrexa, a ambos os lados da estrada de Valadares, á altura de Quinta. Reciben o mesmo nome as terras de labor inmediatas, que no Catastro de Ensenada veñen caracterizadas como « sembradura de secano » . Desde polo menos o século xvii vemos o nome da Barreira en cadeas onomásticas para iden- tificar veciños residentes no lugar: « Rosa Alonso da Barreira » , « Juan de Comesaña da Barreira, vezino de Balladares, paga nuebe reales por el campo da Barja » (1697-1932, AHD, Libro de fábrica 2, f. 11). Repítese o topónimo na fonte chamada Fonte da Barreira (  ), enmarcada entre a estrada e o camiño de Quinta. A Barreira é tamén o nome dunha zona de monte ou de arboredo no barrio do Freixo, ao sur da Costa do Freixo. No Catastro de Ensenada unha das propiedades do rei no territorio do couto e na parroquia de Valadares son sesenta ferrados de devesa no lugar da Barreira. Un plural As Barreiras designa unhas terras no barrio das Barrocas. O masculino O Barreiro nomea unha área do barrio da Sobreira, con mato e terras de labor ao sur do parque tecnolóxico, xunto á estrada do Portal. Ao norte deste lugar sitúase a fonte chamada Fonte do Barreiro . O Barreiro atéstase co mesmo nome no Catastro de Ensenada, onde se describe como « sembradura de secano de tercera calidad » . Barroca — — As Barrocas (As Barrocas) — — Castro das Barrocas (As Barrocas) — — Estrada das Barrocas (As Barrocas) — — Fonte das Barrocas (As Barrocas) — — Lavadouro das Barrocas (As Barrocas) — — A Barroquiña (A Garrida) No portal Galicia Nomeada recóllense preto dun cento de topóni- mos galegos formados cos substantivos barroca e barroco ou algúns

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==