Toponimia Valadares

41 T O P Ó N I M O S ás propiedades do convento de San Domingos de Pontevedra en terra de Fragoso ( Segundos traslados , 1646-1660). A Bandeira , en singular, designa unha zona de monte onde hai unha vivenda illada, no barrio do Freixo, xunto ao camiño da Pinguela, ao leste do Zondal. No Catastro de Ensenada da parroquia de Camos (ano 1753, antes da segregación da de Chandebrito) figuran veciños cha- mados Alonso Rodríguez da Bandeira , Diego Fernández da Bandeira , Diego Cabreira da Bandeira … Co plural As Bandeiras noméase unha franxa de arboredo fronte ao encoro de Zamáns, no barrio da Sobreira, a carón da autoestrada de Baiona. Banzo — — Os Banzóns da Lapela (As Barrocas) — — Os Banzos da Portela de Alba (As Barrocas) A palabra banzo vén definida no DRAG como ‘paso dunha esca- leira ou dunha escada’ e Corominas considéraa leonesa e galego-por- tuguesa de orixe incerta, posiblemente dun celta wankjos ‘traveseiro dunha escada’. No seu uso toponímico pode designar socalcos ou te- rrazas, mais non é un termo usual. No concello coruñés de Outes, non moi lonxe da parroquia homónima de Valadares, hai un núcleo de poboación denominado Banzas , que quizais responde á mesma moti- vación. Os Banzóns da Lapela é unha área de monte, sen vivendas, a carón da Mina da Cal, na zona denominada A Lapela. No Catastro de Ense- nada aparece coas grafías Banzos e Banzôs , polo que non podemos descartar que en orixe fose Banzós (cun sufixo diminutivo correspon- dente ao latín - ŏ la ) alterado en Banzóns . Nese catastro, as terras dese nome aparecen cualificadas como monte de terceira calidade e dise que « lindan al sur con monte propio fuera del término » , referíndose a

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==