Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 40 A situación elevada dun terreo ou dunha propiedade pode moti- var na toponimia nomes como Fiestra , Belvís , Viso , Vista Alegre ou Mi- ragaia , entre outras, todas referentes ao feito de teren boas vistas os lugares así chamados. É tamén o caso do substantivo común balcón , procedente do italiano balcone , presente en topónimos que supoñemos de creación relativamente recente, como o Balcón das Rozadiñas e o Balcón do Cruceiro en Valadares, ambos os nomes para uns campos de prado e de mato no barrio do Freixo, ao oeste dos Currás . A zona tamén se denomina nalgunhas fontes co plural Os Balcóns . Bales  Vales Baltasara  Gaspara Bandeira — — A Bandeira (O Freixo) — — As Bandeiras (A Sobreira) Nos topónimos que conteñen o substantivo bandeira non sempre podemos saber se están formados polo común bandeira ‘pano dunha ou máis cores, case sempre en forma de rectángulo, ás veces con escu- do, que é símbolo dunha nación, partido, rexemento etc.’ ou se conte- ñen un derivado de banda nas acepcións que ten este nome de ‘cada unha das dúas partes de certas cousas, comprendida entre unha liña central imaxinaria e o bordo’ ou ben ‘territorio máis ou menos amplo situado á beira e nas proximidades dun río, ría, accidente xeográfico etc.’. Banda é un termo de orixe xermánica, común ao galego, ao cas- telán e ao portugués. En áreas de pastoreo, certo costume de sinalar cunha especie de bandeira o lugar do monte onde pace o gando, para poder verse desde o val, puido motivar nalgún caso a presenza deste substantivo na toponimia; noutras ocasións, unha bandeira na porta dunha casa situada nun camiño, igual ca uns ramallos de loureiro ou doutra árbore, podían indicar que se trataba dun mesón, pousada, ta- berna ou forno de pan. É quizais esta última a motivación do nome do Monte da Bandeira na veciña parroquia de Matamá, onde no século xvii había unha atafona , segundo podemos ver na documentación relativa

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==