Toponimia Valadares

39 T O P Ó N I M O S Os Campos de Babio é unha zona ao sur das anteriores, na beira da avenida de Clara Campoamor, fronte á Devesa da Cotarela, tamén na estrema dos barrios do Portal e do Carregal. Debeu de ser parte destes campos a propiedade que consta na documentación co nome do Resío de Babio (  Resío ) e quizais o chamado Babio do Cocho da Porca (  Cocho ), que no Catastro de Ensenada consta como « sembradura regadío segunda calidad » , igual ca os anteriores. Babio da Furna ou Babios da Furna (  Furna ) é o nome dunhas te- rras de arboredo ao oeste da Revoltiña, no barrio do Freixo. No Catastro de Ensenada consta en singular, Babio da Furna , e vén descrito como regadío de terceira calidade. Pode sorprender a presenza do substantivo Babio tan lonxe do río e dos outros topónimos en que está presente ese nome. Neste caso parece que o topónimo é simplemente eco do nome do lugar de Babio en Beade, pois veciños dese lugar eran foreiros de terras no Freixo no século xvii . Na documentación do convento de San Domingos de Pontevedra relativa á parroquia de Valadares atopamos referencias a propiedades traballadas por veciños de Babio: «demarca con heredad de don Gregorio Sarmiento Balladares, vecino de la villa de Vigo, que poseen los de la aldea de Babio » ( Segundos traslados , 1646-1660). Seguramente eran esas propiedades dos señores da parroquia afora- das a « los de la aldea de Babio » as que motivan a presenza na toponi- mia de Valadares doutro Babio lonxe de Beade, no Freixo. Balada, Baladiña  Valada Balcón — — O Balcón das Rozadiñas (O Freixo) — — O Balcón do Cruceiro (O Freixo) — — Os Balcóns (O Freixo)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==