Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 38 — — Babio do Cocho dos Muíños (O Carregal) — — Río Babio / Río de Babio (O Carregal) — — Babio do Cocho da Porca (O Carregal) — — Resío de Babio (O Carregal) — — Campos de Babio (O Carregal/O Portal) — — Babio da Furna / Babios da Furna (O Freixo) Babio é o nome dun dos núcleos de poboación tradicionais da pa- rroquia de Beade, situado na estrema onde esta linda coas de Valadares e Matamá. Dáse a circunstancia de que o único núcleo que rexistra o Nomenclátor de Galicia con ese nome é este da parroquia de Beade, polo que a súa presenza na toponimia de Valadares (nunha área, ade- mais, próxima a Beade, polo barrio do Carregal) ha estar relacionada, sen dúbida, con este singular topónimo da parroquia veciña. Na toponimia é frecuente que o mesmo nome dun núcleo habitado se aplique tamén ao río que pasa polas súas inmediacións; é tamén habitual que suceda o contrario e que o nome do río acabe denomi- nando o lugar. Polo Catastro de Ensenada cónstanos que Babio era nome, ademais da entidade de poboación e do seu monte comunal, do río que pasa polo lugar, hoxe máis coñecido como río da Barxa, e que probablemente foi este río o que suscitou o topónimo, pois Babio re - mite a un tema hidronímico, tanto pola terminación en - io (moi común na hidronimia prerromana) coma pola raíz, tamén hidronímica Bab -, presente noutros topónimos de significado relacionado coas augas. Este topónimo de Beade ten paralelo no nome da parroquia de Babío (neste caso con acento no i ), no concello coruñés de Bergondo. En Valadares temos o nome de Babio en varios topónimos do Ca- rregal e do Portal próximos á demarcación con Beade, que na parte de Valadares se localizan maioritariamente nas inmediacións da rotonda da avenida de Clara Campoamor ao sur do Hospital Álvaro Cunqueiro. Nesa zona conflúe o río do Foxo, que vén desde o barrio da Igrexa, co río da Barxa, que discorre cara ao norte, cara ao Lagares, e recolleu pouco antes as augas do río dos Lavadouros e do río de Quintián. Babio da Rocha ( Rocha ) é o nome de terras húmidas, maioritaria- mente prados, ao sueste do Canizo. Atéstase con este mesmo nome no Catastro de Ensenada, onde vén caracterizado como « sembradura de regadío de segunda calidad » . Babio do Cocho dos Muíños ( Cocho , Muíño ) é unha zona de mato, prados e cultivos ao sur do Hospital Álvaro Cunqueiro e ao oeste da avenida de Clara Campoamor.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==