Toponimia Valadares

37 T O P Ó N I M O S O substantivo común auga (< latín aquam ) está presente na toponi- mia de Valadares en nomes onde alternan as formas correspondentes á variedade dialectal local agua (/ághua/) coas do galego estándar auga . Recibe o nome de Augalonga ou Agualonga unha zona de mato, arboredo, terras de labor e edificacións no barrio da Garrida, na estre- ma coa parroquia de Vincios (Gondomar), próxima ao campo de fútbol da Gándara e ao polígono industrial da Pasaxe. O topónimo rexístrase como Agua Longa no texto do preito do Portal do ano 1587 ( « …here- dades de Agua Longa con mais las herdades que están na Gándara » ) e tamén como Agua Longa no Catastro de Ensenada, onde designa monte de segunda calidade. No Libro de afanegados , as propiedades chama- das Agua Longa cualifícanse como tomada, isto é, terra de cultivo ga- ñada ao monte. O topónimo designou quizais en orixe unha canaliza- ción ou unha levada de rego. Un significado próximo ao anterior é o do topónimo Rego de Auga ou Regodauga no barrio da Igrexa, onda o núcleo da Rabadeira. Apa- rece no Libro de afanegados como Regodagua , cualificado como labra- dío de secaño de terceira calidade, ademais dun « Rabadeira ó Regoda- gua » , cualificado como devesa. Avea — — O Aveal (As Barrocas, O Freixo) No Catastro de Ensenada e no Expediente de comprobación rexís- trase un topónimo O Aveal para designar unha parte da Cacheira (  ): « monte de segunda calidad al sitio de Aveal o Cacheira » . O topónimo contén un derivado de avea (< latín avenam ) mediante o sufixo colectivo - al (< - ale ). A avea figura entre os cereais ou grans (xunto co trigo, millo, centeo, millo miúdo, paínzo e orxo…) que se cultivaban na parroquia, segundo nos informa a documentación histórica. Avelal  Abelal Babio — — Babio (Beade/Valadares) — — Babio da Rocha (O Carregal)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==