Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 36 A Areíña é o nome dun núcleo habitado no Freixo e das terras de labor inmediatas. Este contén un diminutivo de area . Na fala e nalgun- has fontes escritas tamén se rexistra cunha variante A Ariña ou A Ariiña (como nun Juan Alonso da Ariyña en CME) e cun composto A Areíña do Freixo (« casa terreña al sitio de la Areýña do Freixo » , CCME). Tamén designa o muíño coñecido como Muíño da Areíña . Un derivado adxectivo mediante o sufixo abundancial - oso , - osa está presente nos nomes A Areosa e o Cruceiro da Areosa , unha zona de vivendas e de campos de cultivo no barrio da Garrida, ao norte da estrada da Gándara, entre esta e a avenida de Clara Campoamor. Areo- sa e Areoso son termos frecuentes na toponimia galega; o Nomenclátor de Galicia recolle dezaseis núcleos de poboación chamados A Areosa . No Cruceiro da Areosa conflúen o Camiño da Areosa e o chamado Camiño do Cruceiro , e del toma o seu nome a área coñecida como A Chan do Cruceiro . Arroio — — O Arroio (As Barrocas) — — Fonte do Arroio (As Barrocas) Arroio é un termo de orixe prerromana, común ao galego, ao por- tugués e ao castelán ( arroyo ), que o dicionario define como ‘pequena corrente de auga que se forma en épocas de chuvias e que non é per- manente’ (DRAG); no dicionario portugués Priberam defínese en cam - bio como ‘pequena corrente de água, permanente ou não’ e dáse como sinónimo de regato . Coñécese como O Arroio unha área de terras de labor e de vivendas na estrada do Souto, nas Barrocas, na zona de Courás, ao suroeste do colexio público . Na mesma zona está a fonte denominada Fonte do Arroio . No Catastro de Rústica rexistrábase na Sobreira outro topónimo Arroio ( Moscaveira ): é un dos topónimos ocupados polo parque tec- nolóxico e loxístico . Auga — — Augalonga / Agualonga (A Garrida) — — Rego de Auga / Regodauga (A Igrexa)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==