Toponimia Valadares
35 T O P Ó N I M O S nome de Arañón quizais se aplicou a un lugar onde empozaba a auga da chuvia ou a algún nacente ou manancial. Con todo, a carencia de rexistros documentais non permite afirmar que sexa un topónimo an- tigo. Area — — O Areeiro (O Freixo) — — O Areeiro da Corte (O Freixo) — — Os Bértolos do Areeiro (O Freixo) — — A Costa do Areeiro (O Freixo) — — O Mato do Areeiro (O Freixo) — — O Pouso do Areeiro (O Freixo) — — A Areíña (O Freixo) — — Muíño da Areíña (O Freixo) — — A Areosa (A Garrida) — — Cruceiro da Areosa (A Garrida) — — Camiño da Areosa (A Garrida) O substantivo común area (< latín arenam ) ten presenza na toponi- mia para designar lugares caracterizados pola constitución areosa do terreo ( Xabre , Pracer ); en zonas do litoral, area e o seu derivado areal nomean praias. O Areeiro é unha extensa área de monte ao oeste do barrio do Freixo, ao norte do Zondal, con vivendas. O nome contén o derivado de area correspondente ao latín arenarium e está presente igualmente noutros topónimos próximos. O Areeiro da Corte é unha parte do Areeiro, e ta- mén se sitúan nese lugar ou se refiren a el por estaren nas proximidades Os Bértolos do Areeiro , A Costa do Areeiro , O Mato do Areeiro e O Pouso do Areeiro ( Bértolos , Costa , Mato , Pouso ). No Catastro de Ensenada e no Expediente de comprobación , as propiedades situadas no Areeiro aparecen caracterizadas unhas como prado ou labradío e outras como tomada (‘terra gañada ao monte para o seu cultivo’), mato, devesa ou castañal. As primeiras son as máis próximas ás vivendas. No século xviii era un lugar habitado, e úsase en cadeas onomásticas para identificar individuos polo seu lugar de resi- dencia, como unha Dominga de Prado do Areeiro (CME). Hoxe consér- vanse ruínas das edificacións.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==