Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 34 apostólicos de orixe grega (como en Thomas > Tomé ). Coincide coa advocación parroquial de Valadares, que na documentación medie- val se rexistra habitualmente como Sant’Andree ou Sant’André . Coma noutras áreas galegas, en Valadares tamén existiu unha variante popu- lar Santrandel . Na documentación posterior ao século xvi , en castelán, rexístrase sempre coa forma castelá San Andrés . Recibe o nome de A Andresa ou A da Andresa (con E aberto) unha área de mato no Campo de Abaixo, no Freixo, próxima á estrada do Zondal. Probablemente é outro exemplo de topónimo feminino forma- do a partir dun nome masculino de propietario ( A Andresa = ‘A de An - drés’, como A Gaspara , A Garrida , A Simona etc.), neste caso formada sobre Andrés , a forma castelá do nome. Temos outro topónimo composto co mesmo nome persoal en O Cocho de Mariandrés ( ), no Carregal. Angostas, As / Ancostas, As Xan Anselmo — — A de Anselmo (As Barrocas) Chámanse A de Anselmo unhas terras cultivadas á beira da estrada do Regueiro, nunha volta do camiño próxima á Igrexa. É outro exemplo de topónimo de propietario, formado a partir dun nome persoal. Non se rexistra no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados , polo que é verosímil que sexa un topónimo de creación relativamente recente. Anselmo é un nome de orixe xermánica, común ao galego, ao castelán e ao portugués. Arañón — — Arañón (O Freixo) Recibe o nome de Arañón unha área de mato e de arboredo ao oeste do barrio do Freixo, no Areeiro, entre o Campo das Canas e o Pouso do Areeiro. É un topónimo escuro. A relación co substantivo común araña debe de ser só aparente; moi probablemente é un hidrónimo prerro- mano relativo á auga, coma outros derivados dun tema ara ( n )-, como Araño , aldea de Rianxo, ou a Lagoa de Aranho en Lamego, Portugal. O
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==