Toponimia Valadares
33 T O P Ó N I M O S motivou o topónimo As Amoladouras , nome dunha área de mato e de arboredo no Freixo, entre o monte da Devesa e o Areeiro da Corte. O topónimo vén quizais suscitado pola presenza de pedras de gra como as utilizadas para afiar ferramentas de ferro, mais non podemos descar- tar outras motivacións. Na terminación - ouras vemos o resultado - ouro , - oura , propio da fala do Val de Fragoso (e tamén de toda a área tudense e mais do portugués) para o sufixo latino - oriu , - oria , diverxente das for- mas en - oiro , - oira do galego doutras áreas e do estándar (os lavadoiros son lavadouros en Valadares). Formados a partir do participio dos verbos ( amolad- ), os derivados con este sufixo adoitan designar o lugar onde se realiza a acción do verbo ou o instrumento destinado a realizala. Ana — — A de Ana / A Deana (O Portal) — — A de Ana Fernández / Lugar de Ana Fernández (O Freixo) O nome persoal Ana , un nome bíblico, ten orixe no hebreo Hannah ‘bondadosa’. Chamábase así a avoa materna de Cristo, razón pola cal o nome tivo presenza continuada no repertorio de nomes femininos na tradición cristiá desde a Idade Media ata a actualidade. No territorio de Valadares, un topónimo A de Ana identifica unha pequena área de terra de labor e de prado ao sur da Senra, no barrio do Portal. Temos constancia da existencia histórica doutro topónimo semellante A de Ana Fernández ou o Lugar de Ana Fernández no barrio do Freixo ( Lugar ). Neste último non hai dúbida de que estamos ante un topónimo de propietaria, mais para o primeiro non podemos ter a mesma certeza, xa que pola documentación (o preito do Portal, de 1587, Catastro de Ensenada…) sabemos que o deán e o cabido de Santiago percibían ren- das de propiedades no lugar do Portal, e sería igualmente verosímil que este topónimo contivese en orixe unha forma adxectivada A Deana , formada sobre o substantivo deán ‘dignidade eclesiástica’. André, Andresa — — A Andresa / A de Andresa (O Freixo) — — O Cocho de Mariandrés (O Carregal) O nome persoal André ten orixe no grego Andreas , nome dun dos apóstolos. O galego adaptou en - é a terminación en - as dos nomes
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==