Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 32 mato e de arboredo no barrio do Freixo, entre A Gaspara e A Corte Vella. Ameixa — — A Ameixeira (As Barrocas) Ameixa é o nome galego de diversas froitas de óso e ameixeira o da árbore que as produce ( Prunus domestica ). O nome da ameixa é o resultado do latín ( d ) amascenam , pois en Roma atribuíaselles orixe en Siria e eran coñecidas como pruna damascena ‘ameixa de Damasco’. É unha especie común entre as árbores froiteiras da nosa flora, e nomes como Ameixeira, Ameixenda , Ameixida , Ameixide etc. teñen notable presenza na toponimia galega. O Nomenclátor de Galicia recolle máis de vinte localidades que levan no seu nome referencia a estas árbores; na microtoponimia é aínda moito máis común. Nos libros de apeos de San Domingos de Pontevedra descríbesenos unha propiedade deste convento en Valadares no século xvi : « una cortiña de coles con un na- ranjo pequeño y dos o tres ameixeiras » (1591). A Ameixeira é unha área de mato e de arboredo na ladeira occiden- tal do monte Alba, na parte norte do Xestal da Lapela, no barrio das Barrocas. No Catastro de Ensenada consta como devesa; no Libro de afanegados , como tomada. Ameixoada Mesadalto Amieira Ameal Amieros Ameal Amolar — — As Amoladouras (O Freixo) Amolar é un verbo común ao galego, ao portugués e ao castelán que significa ‘afiar, aguzar, facerlle o fío a unha ferramenta’, e constitúe un derivado do latín mola ‘moa’, ‘moa da boca, moa dun muíño’. Amolar ten igualmente moito uso en sentido figurado co significado de ‘amargar, molestar, desgustar’. Interpretamos que é o primeiro significado o que
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==