Toponimia Valadares

31 T O P Ó N I M O S A Falcoa = ‘a de Falcón’, en Castrelos). A alteración do S en R ou L ( As Mitoas/Armitoas/Almitoas ) é resultado do rotacismo; ten paralelo na evolución ata San Colmado desde un orixinario San Cosmado . Ameal, Amial, Amieiro — — O Amial / O Ameal (A Sobreira) — — O Amial / O Ameal (Seoane, A Garrida) — — Río do Amial (Seoane, A Garrida) — — Cachada da Amieira / Cachada de Amieiros (A Garrida) — — Amieiros / Amieiras (O Freixo) Amieiro e variantes son denominacións comúns en galego da árbore Alnus glutinosa , que medra á beira dos ríos; Ameal ou Amial é un de- rivado colectivo que se refire á presenza ou á abundancia de amieiros no lugar. O Nomenclátor de Galicia recolle tres localidades chamadas Ameal ou O Ameal nos concellos de Caldas, Marín e Vigo (parroquia de Cabral) e mais un O Amial en Ponteareas. Ameal ou Amial corres - ponden a un étimo * amenalem ou * aminalem , co característico sufixo co- lectivo. O nome do amieiro corresponde a * amenarium ou * aminarium , un termo de orixe prerromana, posiblemente da raíz indoeuropea hi- dronímica * am- ‘auga’, pois os amieiros son árbores propias da beira dos ríos ou de lugares húmidos. É común na flora de Galicia e ten moi- ta presenza na toponimia a partir de derivados como Amieiro , Ameal , Ameneiro , Amenedo , Amedo etc. O Amial ou O Ameal nomea unha zona de prados, arboredo e mato ao sur de Seoane, á beira do r ío Zamáns no seu tramo inicial, próxima á estrema coa parroquia de Vincios, onde o río tamén se denomina Río do Amial . Este curso fluvial constitúe o principal afluente norte do Mi- ñor (conflúe en Gondomar co do sur, procedente de Couso) e coñécese na actualidade como R ío Zamáns , pero no século xii (1106, demar- cación do couto de Vilaza pola raíña Urraca) era este afluente o que recibía o nome de Miñor . Repítese o topónimo O Amial ou O Ameal nunha área da Sobreira, próxima aos Fabás; no Libro de afanegados as propiedades denominadas Ameal veñen caracterizadas como prado. No mesmo Libro de afanegados rexístrase no barrio da Garrida unha propiedade chamada Cachada da Amieira ou Cachada de Amieiros , cualificada como labradío de secaño de segunda, que non puidemos localizar na actualidade. Amieiros ou Amieiras é tamén unha zona de

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==