Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 30 chamado Lugar de Alá , pequena área de terras de labor e de vivendas ao nordeste do Carregal, na estrema da parroquia con Beade, fronte ao Hospital Álvaro Cunqueiro. A locución de alá refírese quizais á súa situación ao leste da estrada de Valadares, pois a maior parte do núcleo do Carregal localízase ao oeste. Pódese interpretar que o lugar foi de- nominado desde O Carregal. Para o significado de lugar , véxase o que se di do topónimo Lugar do Abade (  Abade ). Alén é outro adverbio, procedente da locución latina A d I llinc ‘na parte de alá’. No nome da Fonte de Alén , na zona da Pinguela, no barrio do Freixo, indícasenos que est á situada na parte de alá dalgún obstáculo que se toma como referente, quizais o pequeno curso de auga que algunhas fontes denominan Regueiro de Alén , un dos brazos que forman o Río do Freixo ou Rego do Freixo . No Libro de afanegados rexístranse en Valadares unhas terras de labor chamadas Regueiro de Alén , caracterizadas como labradío de regadío de terceira calidade. Almitoas / Armitoas / As Mitoas — — O Picoto das Mitoas (O Freixo) — — Fonte das Mitoas (O Freixo) — — As Mitoas (O Freixo) Unha extensa área de monte ao noroeste da parroquia, no barrio do Freixo, aparece nas fontes escritas con moitas variantes gráficas: Armitoas, Almitoa, Almitoas, Ermitoa, Hermitoa, Hermitoas, Hermitoa de Alba, Hermitoa de Veiga Grande, Almitoa o Cans … As terras que reciben ese nome aparecen caracterizadas no Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados como tomada e labradío. A propia variabi- lidade de formas con que se rexistra por escrito mostra que se trataba dun topónimo escuro. Algunhas grafías con h - parecen relacionalo coa familia léxica do castelán ermita , pero é un erro baseado na seme- llanza, pois esa relación é imposible por razóns fonéticas. Dadas as características dialectais do galego de Fragoso, a terminación - oas só pode responder a un étimo con consoante nasal perdida, - onas , e posto que na zona é habitual o emprego de adxectivos femininos creados a partir dun antropónimo para denominar propiedades ( A Garrida = ‘a de Garrido’) e que existiu un nome masculino medieval Mitón ou Mittón , de probable orixe xermánica (do gótico miton ‘considerar’), é verosimil que o topónimo fose orixinariamente As Mitoas , isto é, As de Mitón (cf.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==