Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 28 As noticias máis antigas que posuímos relativas á capela dedicada a Nosa Señora da Alba en Valadares son de finais do século xvi , como ve - mos máis adiante. Probablemente debeu crearse pouco antes, a xulgar por outros templos españois dedicados á mesma advocación (Nuestra Señora del Alba, en Quirós, Asturias, tamén instituído nun lugar pre- viamente denominado Alba ou Peña Alba , creouse cunha bula do papa Pío V no ano 1581). Adoita dicirse que antes da capela existiu no alto do monte un cas- telo. Talvez era unha atalaia de vixilancia, semellante á que motivou o topónimo A Atalaia na veciña parroquia de Vincios. As referencias que coñecemos relativas á existencia dese castelo son tardías e parecen dar a entender que o monte era coñecido como Castelo de Alba . Encón- transe nun expediente do ano 1666 para o ingreso na orde de Santiago do cabaleiro Benito Enríquez Sarmiento, parente dos señores de Va- ladares, reproducido por José Espinosa no seu libro Tierra de Fragoso ( Notas para la historia de Vigo y su comarca ), do ano 1949. Ao tratar da casa soarenga da estirpe dos Valadares, que correspondería ao lugar da igrexa parroquial actual, dise: …arriba de dicha casa como un quarto de legua, en un monte muy alto, arrui- nado, que llaman del Castillo del Alba, en la jurisdición de dicha casa, hay unos cimientos de un castillo con sus murallas de sillería, y en medio de dicho casti- llo ay una cysterna de piedra picada en un peñasco grande, hecha al pico, y ay asimesmo dentro de dicho castillo una capilla de Nuestra Sra. y en la testera del altar tiene escudo de piedra con las mismas armas de los Valladares que tiene en la casa, que son agedrez o escaques… A referencia máis antiga que coñecemos da Ermida do Monte Alba ou da Capela de Nosa Señora da Alba e mais dun ermitán ou encargado dela está no preito de 1597 (Pares, ARCV, Ejecutorias, Caja 1842, 9): «Martí n de Rrua, servicio de ermitaño de santa Mar í a de la Alva, a pa- gar María Fernández da Portela de Alva» . Segundo vemos no Catastro de Ensenada, o cargo de capelán da ermida correspondíalle ao párroco de Valadares, don Diego Francisco Donallo. José Espinosa reproducía en 1949 algúns detalles das celebracións relixiosas no Monte Alba : En el sitio que ocupó el castillo existe actualmente una capilla, acaso la misma a que alude el documento copiado, en cuyo frontispicio ostenta un escudo con su campo ajedrezado, armas de la familia Valladares. En esta capilla se venera y festeja a la Virgen con la advocación del Alba, y a San Bartolomé. Para celebrar sus fiestas, el día 15 de Agosto, llevan de la iglesia parroquial las dos imágenes hasta la ermita, y el 24 siguiente, conducen a la imagen del Rosario, que es re-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==