Toponimia Valadares
27 T O P Ó N I M O S Alba — — Monte Alba (As Barrocas) — — Fonte do Monte Alba (As Barrocas) — — A Portela de Alba / A Portela de Alba de Arriba (As Barrocas) — — A Portela de Alba de Abaixo / A Pena (As Barrocas) — — Castro do Monte Alba (As Barrocas) — — Ermida do Monte Alba / Capela de Nosa Señora da Alba (As Barrocas) O termo Alba ten significativa presenza na toponimia de toda a pe- nínsula, pero non todos os topónimos que o conteñen proceden da mesma orixe. Por unha banda, en moitos temos a forma feminina do adxectivo latino albus , alba ‘branco, branca’, como por exemplo en Grixalba (< ecclesia alba ‘igrexa branca’) ou Peralba (< petra alba ‘pedra branca’). Outros conteñen un hidrónimo prerromano alba , un termo relativo ás augas, dunha primitiva raíz el ( b )- alterada en alb -, como sucede no nome do río Alba e na parroquia do mesmo nome en Ponte- vedra, que se documentan como Elba antes do ano 1000, ou en Albeos , Crecente, documentado como Elbenos . Para outros topónimos Alba , finalmente, tense suxerido unha raíz oronímica prerromana emparen- tada co nome dos Alpes e co éuscaro albo , alpi ‘altura, ladeira’. A estas tres posibles motivacións debemos engadir unha advocación relixiosa mariana, Nosa Señora da Alba ( Nuestra Señora del Alba ou Virgen del Alba en castelán), que vén sendo equivalente á de Nosa Señora da Aurora e onde o substantivo alba está coa acepción de ‘a primeira luz do día’. No caso do Monte Alba , cremos que o topónimo Alba xa existía no lugar antes de que se escollese para a súa capela a advocación de « Nuestra Señora de Alba » , por simple homonimia ou paronimia, como ocorreu por exemplo coa parroquia de Nosa Señora do Rocío en Coia, creada nun lugar previamente chamado O Resío . Non podemos saber se foi unha motivación oronímica ou hidroní- mica prerromana ou se foi o latín alba o que deu orixe ao actual nome que se lles aplica ao Monte Alba , ás Ladeiras do Monte Alba , á Fonte do Monte Alba , tamén coñecida como de San Bertolameu , e aos luga- res chamados A Portela de Alba . A Ermida do Monte Alba ou a Capela de Nosa Señora da Alba dedicó uselle a esa advocación mariana por coincidir co nome do lugar.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==