Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 26 século xvi , ten a súa orixe nunha demanda contra os Sarmiento de Va- ladares por afor á renlles supostamente certas propiedades a uns novos foreiros cando aínda estaba vixente o foro dos demandantes. Unha pro- piedade aforada é a sometida a foro. A Aforada é o nome dunha área de monte nas Barrocas, á beira da chamada Corte de Cabras. Nalgunhas fontes recóllese tamén nas Barro- cas un topónimo O Outeiriño da Aforada , que identificamos co actual O Outeiriño ( Outeiro ). No Libro de afanegados , A Aforada , tamén denominada « Aforada ó Courás » vén cualificada como tomada ( ), isto é, terra gañada ao monte para destinala a cultivos. Agro, Agra — — O Agro do Souto (As Barrocas) — — A Agra das Cans (O Freixo) — — A Agra das Cortes (O Portal) — — A Agra de Seoane (A Garrida) O substantivo común galego agro designa a terra cultivada; é continua- ción do latín agrum ( ager ), do mesmo significado. O plural latino agra ‘os agros’ converteuse en galego nun singular feminino que designa un conxunto de agros. Agro e agra na toponimia teñen, xa que logo, unha motivación semellante á de eido ( ), campo ( ), cortiña ( ), cocho ( ) e outros nomes que designan terras de labor. O masculino O Agro do Souto recibiu o seu nome da proximidade ao Souto, nas Barrocas; no Libro de afanegados cualificábase de labra- dío de secaño e toxal. O feminino agra rexistrámolo na documentación na chamada A Agra das Cans ( Cans ), no Freixo, e mais en A Agra das Cortes e A Agra de Seoane , que reunirían agros dos veciños das Cortes e de Seoane, respectivamente ( Cortes , Seoane ). Aira (A Eira) Eira Alobagadas Lobagadas
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==