Toponimia Valadares

273 Motivacións dos topónimos de Valadares Suaeira e A Suaeira ; no segundo caso, o emprego do artigo dá a enten- der que os falantes xa non son conscientes do significado da sílaba su -. ABAIXO/BAIXO: Milio de Abaixo. ALÁ: Lugar de Alá. ALÉN: Fonte de Alén. ARRIBA/RIBA: Milio de Arriba, Riba dos Campos. BALCÓN: O Balcón das Ro- zadiñas, O Balcón do Cruceiro. BANDA (?): A Bandeira, As Bandeiras. CANTO: O Cantón do Foxo, O Cantón de Vilariño. DETRÁS: Detrás da Costa. MEDIO: Veiga do Medio, Campo do Medio, Campos do Medio, O Mato do Medio. MIRA: A Miragaia. SO (Sub): Suaeira, Sueido, O Cocho de Sueido, Suxenda, Suocamiño. TRAS: Tras Camiño, Tras do Mato, Tras dos Corvos, Tras Palleiro. 10. Outras motivacións. Podemos incluír nun último apartado os topónimos que responden a outras motivacións. Naturalmente, sempre hai topónimos escuros ou outros de carácter anecdótico para os cales non poderemos saber por que razón se aplicaron para denominar un lugar. En calquera caso, na súa orixe, no momento en que comezaron a empregarse, todos os to- pónimos eran de significado transparente para os falantes. Entre as motivacións que orixinan nomes de terras cultivadas que non se incluíron nos apartados anteriores podemos considerar a re- ferencia á forma das propiedades ou dos accidentes xeográficos, que dá lugar aos chamados morfotopónimos . Así, realidades alongadas e estreitas adoitan orixinar nomes de lugar a partir do adxectivo lon- go , longa ( A Augalonga , A Longa , A Longra, A Lóngara ) ou aplicando metaforicamente o nome doutras realidades coa mesma forma, como manga ( A Manguela , As Manguelas , Os Mangales ) ou faixa ( As Faixas , O Outeiro da Faixa, As Faixas dos Penedos ). Tamén se refiren á forma, neste caso máis ou menos circular, topónimos que conteñen termos como redondo , redonda ( O Redondo, A Barxa do Redondo, A Redon- da ). A referencia ao tamaño adoita manifestarse cos adxectivos gran- de ou pequeno , pequena en topónimos compostos ( Campo Grande, Coutada Grande, Muíño Pequeno ). Nomes como As Mouráns ou As Mourellas poden denominarse cromotopónimos , cando se refiren á cor da realidade que designan. Tamén teñen moita presenza na toponimia as referencias ao tempo ou á antigüidade de determinadas realidades xeográficas, nos chamados cronotopónimos , que nos máis dos casos se manifestan cos adxectivos novo , nova , vello , vella en topónimos com- postos ( O Eido Vello , Muíño Vello , O Mato Vello , Coutada Nova , Presa Nova , Muíño Novo ).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==