Toponimia Valadares
269 Motivacións dos topónimos de Valadares como apelidos ou como sobrenomes de persoas orixinarias de lugares así chamados. A aparente abundancia de nomes persoais femininos non remite a propietarias, senón que na maioría dos casos son formas adxectivas segundo o modelo A Bértola = ‘A de Bértolo’, aplicado á casa ou á propiedade de alguén con ese apelido, do mesmo xeito que a propiedade de alguén chamado Simón orixinou o topónimo A Simona . Outra fórmula igualmente común na microtoponimia é A + de + an- tropónimo ( A de Ana , A de Anselmo etc.). No nome do lugar chamado Os Martices consérvase un plural da forma tradicional galega do ape- lido patronímico correspondente ao nome Martiño , que era Martiz en galego e de maneira sistemática foi alterado na forma correspondente castelá, Martínez . Son igualmente interesantes os topónimos formados por un nome persoal composto con nome e sobrenome, como Peima- llo e Porvello , correspondentes a individuos medievais chamados Paio Mallo e Pero Vello , cos nomes de pía nas formas abreviadas Pai e Per . ANA: A de Ana, Lugar de Ana González. ANDRÉ: A Andresa, O Cocho de Mariandrés. ANSELMO: A de Anselmo. BALTASAR: A Baltasara. BAUTISTA: Campos de Bautista. BÉRTOLO: Os Bértolos, Camiño dos Bértolos, Os Bértolos do Areeiro, A Bértola etc. BOUZÁN: A Bouzana. CADAVAL (apelido): Cadaval. CARIDE: Fonte do Caride. CARREXÓN: Os Carrexóns. CARTA: Regueiro das Cartas. CONSTANZA: A Constanza. DIABRIÑA: A Diabriña. EMILIO: Milio de Arriba, Milio de Abaixo. FALCÓN: O Falcón. FRANCISCO: A de Francisco. GARRIDO: A Garrida, Estrada da Garrida, Fonte da Garrida etc. GASPAR: A Gaspara, Outeiro da Gaspara. GONZÁLEZ: Lugar de Ana González. GUISAN- DE: As Pedras de Guisande. MALLO: Peimallo etc. MANDÍN: O Mandín/Os Mandíns, A Auga do Mandín. MARÍA: O Cocho de Mariandrés. MARICA: A de Marica. MARQUÉS, MARQUESA: As Minas do Marqués, O Pinar do Marqués, Camiño da Marquesa. MARTIÑO, MARTIZ: Martiño, Os Martices. MITÓN: As Mitoas, Fonte das Mitoas, O Picoto das Mitoas etc. MONTEIRO: A Monteira. PAIO MALLO: Fonte de Peimallo, Camiño de Peimallo, Petróglifo de Peimallo etc. PASCUA: Pascua da Vila. PATIÑO: Dorra de Patiño. PATRÓN: Patrón, A Patrona. PEDRO: A de Pedro, Porvello ̴ Pero Vello. QUINTAS: A Medorra de Quintas. REI: O Pinal do Rei, Fonte do Rei. SALAMIRO: Saramil. SERODIO: A Serodia. SANDOMINGO: As Sandomingas. SIMÓN: A Simona, Camiño da Simona, Fonte da Simona, Lavadouro da Simona, Regato da Simona. TIRADO: Os Tirados. TOMÉ: Outeiro de Tomé, A Tomasa. VELLO: Porvello. VILCHO, VILCHA: A Vilcha. XAN-XOÁN: Sancostas, As Xoanelas. XUÍZ: A Mó do Sues. 6. Agrotopónimos e sociotopónimos. Os nomes de lugar relativos á obra humana, ao hábitat e aos labores agrícolas son numerosos e variados, e aínda poderían incluírse tamén
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==