Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 268 dancia nun lugar, ou cando procede dun sobrenome persoal, fixado na toponimia como nome de propietario. Suponse que nos topónimos de Valadares refiridos ás abellas, aos becerros, ás bestas, aos cabalos, ás cabras e ás galiñas han de referirse aos animais domésticos, aínda que non sempre podemos ter certeza. Os gatos na toponimia poden referirse en ocasións ao gato bravo ou ao gato montés. As referencias a raposas ou a raposos e a coellos son frecuentes en toda Galicia. Nomes relativos a aves como corvos, curuxas, mouchos, falcóns ou perdices son relativamente frecuentes na toponimia galega; menos comúns son os topónimos que conteñen o nome do bufo . Pisco é a denominación tradicional na zona para o paporrubio ( Eritacus rubecula ). O topónimo referido ao insecto chamado moscaveira é un topónimo único. Téñase en conta que outros topónimos relativos aos animais domésticos e á gand aría, como corte , curral etc., van incluídos no apartado sexto, ti- tulado «Obra humana » . ABELLA: A Abelleira/A Abilleira. BUFO: Bufos, Bufos-Abelal. BECERRO: O Cu do Becerro, A Becerreira. BESTA: Pardabesta, Prado da Besta. CABALO: O Ca- baleiro, Cabaleiros. CABRA: O Cocho das Cabras, A Corte das Cabras, O Ollo da Cabra, Cabreira. CAGAR: As Pedras das Cagallas, A Chan do Cagalleiro. CARACOL: A Caracola. CARRAPATA: A Carrapata, Carrapatelo, Carrapateiro. COELLO: Fonte do Coello, A Coelleira, Camiño da Coelleira. CORVO: Os Cor- vos, Tras dos Corvos. CURUXA: A Curuxeira. FALCÓN: O Falcón. FORMIGA: A Formigueira. GABIÁN: Monte do Gabián. GALIÑA: A Galiñeira, As Gali- ñeiras, O Cocho da Galiñeira, Muíño da Galiñeira. GATO: Outeiro do Gato. MOSCAVEIRA: A Moscaveira, Camiño da Moscaveira. MOUCHO: O Moucho, As Pedras do Moucho. (RATO) PAPADO: A Papadeira (?). PERDIZ: Os Perdi- góns. PISCO: A Pisqueira. PORCA: Babio do Cocho da Porca. RA: As Rans. RA- POSO: A Raposa, Fonte da Raposa, Monte da Raposa, O Lombo do Raposo, As Pedras do Raposo. SAPO: Fonte do Sapo, Camiño do Sapo. TABÁN: O Tabán. TOCO, TOCA: A Toca. 5. Antropotopónimos. Son os topónimos formados a partir dun nome persoal, polo regu- lar o nome dun propietario. Cando conteñen un alcume ou sobreno- me, non sempre é doado identificalos. Nos máis antigos, que pode- mos considerar milenarios en idade, o topónimo procede da forma do xenitivo latino do nome persoal, como en Saramil ; tamén proceden do xenitivo latino de nomes persoais medievais outros como Mandín , Caride ou Guisande , pero na toponimia de Valadares están presentes
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==