Toponimia Valadares
25 T O P Ó N I M O S dares. O nome do acivo ou aceviño procede do latín * acifolum , variante de aquifolium , que significa ‘de follas aguzadas’. No Catastro de Ensenada e no Expediente de comprobación , as te- rras que reciben ese nome (con diferentes grafías: Aziviñeiros , Acebi- ñeiros , Aceviñeiros , Civiñeiros ) cualif ícanse como monte de primeira calidade. No Libro de afanegados , como devesa. Adro — — O Adro (A Igrexa) — — O Tallo do Adro (A Igrexa) Adro é o resultado galego do latín atrium , que en orixe designaba o patio central da domus , a casa romana, mais co cristianismo pasou a adquirir o novo significado que chegou ata nós, o de ‘terreo, xeralmen- te cercado, que adoitan ter as igrexas ao seu redor ou ben diante delas’ (DRAG). Adro é un termo moi presente na toponimia galega, e en oca- sións recibe ese nome, e non o de A Igrexa ou variantes, o núcleo de poboación inmediato á igrexa parroquial. O Nomenclátor de Galicia recolle unha ducia de localidades chamadas O Adro . En Valadares o topónimo O Adro convive co de O Torreiro ( ) para denominar o campo situado a carón da igrexa, co seu palco de música, onde se celebran as festas, de aí que nalgúns mapas conste co nome de Adro das Festas ou Adro de Festas . O Catastro de Ensenada rexistra no barrio da Igrexa unhas terras cultivadas denominadas O Tallo do Adro , nun composto co substantivo tallo (de tallar ‘cortar’: en terras cultiva- das, parte dunha área máis extensa que se dividiu; Talliños ), que consta tamén no Libro de afanegados , onde se cualifica como labradío de secaño e de regadío de segunda calidade. Aforada — — A Aforada (As Barrocas) Desde a Idade Media e ata o século xx , a propiedade da terra en Galicia rexeuse polo sistema do foro , mediante o cal os campesiños traballaban terras que non eran súas, senón dos señores, aos cales lles pagaban unha renda anual en virtude dun contrato denominado foro , un arrendamento de longa duración, que podía afectar a tres xeracións (tres voces) ou ao reinado de tres reis. O preito do lugar do Portal, do
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==