Toponimia Valadares
265 Motivacións dos topónimos de Valadares 2. Hidrotopónimos. Son os nomes relativos ás augas. Uns designan realidades naturais, cursos fluvais, nacentes, mananciais, fontes…, o conxunto dos recursos hídricos do territorio, e outros o resultado de actuacións humanas para aproveitar eses recursos, de xeito que poderiamos incluílos igualmen- te no apartado dedicado aos topónimos resultantes de « Obra huma- na» . Algúns son hidrónimos moi antigos, de orixe prerromana, como Babio ou o ouro da Fonte de Ouro , e posiblemente tamén Arañón e Alba . Outros son termos tamén de orixe prerromana que sobreviviron en galego, como arroio , bazoca , barxa ou varxa e quizais lobagada ou alobagada . Polo que se refire aos topónimos que designan actuacións humanas relativas ás augas, ten interese As Cans , onde a propia forma do nome tamén nos informa da antigüidade das canalizacións que o orixinaron. Os máis frecuentes entre os hidrotopónimos de Valadares son os compostos dun primeiro elemento xenérico común ( auga, cal, fonte, lagoa, mina, río, rega, lavadouro, presa, tanque… ), que é o que porta o significado hidronímico, seguido da preposición de e mais un segundo elemento que pode responder a moitas motivacións, só raras veces de significado hidronímico tamén ( arroio, auga, pingallo, pingue- la, gurgulliños, lago, ouro… ). *ARAN-: Arañón (?). ARROIO: O Arroio, Fonte do Arroio. AUGA: Augalonga, Auga do Mandín, Rego da Auga/Regodauga. BABIO: Babio, Babio da Furna, Babio da Rocha, Babio do Cocho da Porca, Babio do Cocho dos Muíños, Cam- pos de Babio, Resío de Babio, Río Babio/Río de Babio. BARXA (varxa): A Barxa, As Barxas, Río da Barxa, A Barxa do Redondo, As Barxiñas, O Barxío. BAZO- CA: O Bazocal. CAL: A Cal do Lavadouro, O Cocho da Cal, A Mina da Cal, As Cales, As Cans (2). CANO: O Cano. FONTE: A Fonte, A Fontiña (2), A Fontela (2), Fonte Carreira, Fonte da Abilleira, Fonte da Cacheira, Fonte da Candea da Igrexa, Fonte da Chan ou Fonte da Estrada do Alba, Fonte da Chanca/ Fonte dos Barros, Fonte da Chosca, Fonte da Cuncha, Fonte da Estrada do Portal, Fonte da Garrida/Fonte do Alto da Garrida, Fonte da Mina da Devesa, Fonte da Ra- posa, Fonte da Regamán, Fonte da Silveira, Fonte da Simona, Fonte da Torre, Fonte da Valada, Fonte da Vila, Fonte das Mitoas, Fonte das Barrocas, Fonte das Cans, Fonte das Cortes, Fonte das Cortiñas, Fonte das Mouteiras, Fonte das Quendas, Fonte das Regadiñas, Fonte de Quinta, Fonte do Regueiro de Alén/ Fonte de Alén, Fonte do Freixo, Fonte da Igrés, Fonte de Peimallo, Fonte de San Bartolomeu, Fonte de San Xoán/Fonte do Pracer, Fonte de Seoane, Fonte de Vales, Fonte do Alba/Fontes do Alba, Fonte do Arroio, Fonte do Barreiro, Fonte do Barronco, Fonte do Caramancho, Fonte do Caride, Fonte do Carregal, Fonte do Coello, Fonte do Eido Vello, Fonte do Estripeiro, Fonte dos Fabás, Fonte do Lago, Fonte do Monte Alba, Fonte do Ouro/Fontedouro, Fonte do Pereiro,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==