Toponimia Valadares
263 Motivacións dos topónimos de Valadares Motivacións dos topónimos de Valadares 4 C onvencionalmente adoitan agruparse os nomes de lugar atendendo á s motivacións que os produciron e clasifícanse en varios grupos etiquetados mediante un termo técnico composto: orotopónimos, hidrotopónimos etc. Nesta sección figura unha relación dos diferentes nomes de lugar de Valadares agrupados segundo o seu significado. Non é exhaustiva, pero móstrase a diferente variedade de compostos en que está presente cada termo dos que figuran en maiúscula, e en ocasións indícase entre paréntese o número de topónimos que presentan a mesma forma en distintas áreas do territorio parroquial, para dar idea da diferente produtividade dalgunhas formacións. 1. Orotopónimos. Son os nomes relativos ao relevo, cos cales tamén incluímos os que se refiren á constitución do terreo. A variedade do relevo de Valadares pode explicar a abundancia de topónimos motivados polos accidentes da orografía. Son especialmente frecuentes os que conteñen os subs- tantivos campo , costa e chan ou derivados deles, igual ca os emparen- tados con pedra ou con area . Consideramos orotopónimos os deriva- dos e os compostos formados cos termos ou coas raíces que vemos a continuación; para o comentario de cada un deles, véxase o apartado correspondente segundo a orde alfabética. Téñase en conta que tamén poden vir condicionados polo relevo moitos dos que incluímos noutros apartados, especialmente os do apartado 9 ( «Posición relativa» ).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==