Toponimia Valadares
261 T O P Ó N I M O S Zondal ou O Zondal é un topónimo escuro. Non ten paralelos na toponimia de Galicia nin doutras áreas peninsulares. Dado que non se rexistra na documentación histórica da parroquia e aparece por primei- ra vez na relativa á política forestal municipal durante o franquismo, a cal consolidou neotopónimos como Coviles ( Canteira de Coviles ) ou O Cepudo ( ), é probable que esteamos ante un topónimo non tradicional. Coa documentación de que dispomos, cremos que Zondal pode ser unha simple alteración, por erro de lectura ou de transcrición, dalgún topónimo previo, quizais un Tendal ou O Tendal , que figura no Catastro de Ensenada aplicado a propiedades cualificadas de «tojar» e « labradío de secaño de terceira » , probablemente na zona do Freixo, e que non sobreviviu ata a actualidade. Os dicionarios recollen para tendal (cunha variante tondal ) unha acepción que o fai sinónimo de ‘cuberto, alpendre, alboio’, que ben puido orixinar este topónimo (DdD, s. v. tendal ).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==