Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 260 a súa localización exacta; O Xuncal constaba como núcleo habitado, polo menos cunha casa terreña, ademais de nomear propiedades de labradío de secaño de segunda calidade; no mesmo catastro, A Xun- queira aparece clasificada como devesa de primeira. Zondal — — O Zondal (O Freixo) Non rexistramos na documentacion histórica anterior ao século xx o topónimo O Zondal , nome dunha ampla zona de monte no estre- mo occidental da parroquia. No último cuarto do século xx alcanzou este topónimo certa notoriedade debido á construción dun vertedoi- ro municipal que coñeceu enérxica oposición por parte da veciñanza e finalmente foi clausurado. As primeiras mencións do topónimo que nos ofrecen as hemerotecas dixitais corresponden a noticias relativas á aplicación do Decreto do Ministerio de Agricultura, do 28 de abril de 1952, sobre os chamados « montes de utilidad pública » ( El Pueblo Gallego , 6/03/1953), que localiza na parroquia de Valadares a unidade denominada « Fuentefría, Zondal y otros » . Con ese nome (sen artigo) figura nos anuncios oficiais de licitacións de madeira nas décadas se- guintes ata o ano 1977. Desde este ano o topónimo pasa a ser coñecido como nome do vertedoiro que se pretende construír e comeza a ser mencionado na prensa con artigo ( El Zondal en castelán, O Zondal en galego).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==