Toponimia Valadares
259 T O P Ó N I M O S da parroquia como un derivado diminutivo feminino, As Xoanelas , nome dunhas terras no barrio da Sobreira. O topónimo parece conter un nome de propietaria ou ben un adxectivo formado a partir da forma masculina ( As Xoanelas = ‘As de Xoanelo’). Dada a localización, preto da estrema con Beade, cremos que este topónimo garda relación con outro A Xoanela na parroquia veciña. O haxiónimo San Xoán ( San , Santo ) constitúe un topónimo de re- levancia na parroquia polo nome de San Xoán ou San Xoán do Freixo , unha das entidades de poboación de Valadares. O núcleo propiamente dito así atópase entre A Tomada e A Formigueira, a carón da principal vía que atravesa toda a zona, a Estrada de San Xoán , que percorre parte do barrio do Freixo desde a estrema de Matamá ata a de Santo André de Comesaña. Nesta mesma estrada, preto do núcleo habitado, atópanse a Fonte de San Xoán e a Capela de San Xoán do Freixo . Descoñécese a data de construción da capela, aínda que a súa parte más antiga está catalogada como edificio medieval. Segundo as fontes do Centro Veciñal e Cultural de Valadares, a primeira documentación coñecida onde se rexistra a existencia da capela é do ano 1694, nunha solicitude para obrar unhas reformas. A súa proximidade á estrema con Santo André de Comesaña motivou diversos preitos entre as dúas pa- rroquias pola titularidade do edificio relixioso, que finalmente en 1867 foi declarado pertencente á freguesía de Valadares. Hai unha lenda na parroquia que afirma que o santo (unha talla de madeira) foi levado ao barrio por unha veciña de Seoane que casou no Freixo. Parece con- cordar coa lenda o feito de que o nome de San Xoán teña o mesmo significado ca o de Seoane ( Seoane ). Xunco — — O Xuncal (As Barrocas) — — A Xunqueira (As Barrocas, O Portal) O nome común galego xunco (< latín juncum ) designa varias espe- cies botánicas dos xéneros Cyperus e Juncus , da familia das xuncáceas. En Valadares a presenza destas especies deixou pegada en dous fitoto- pónimos derivados de xunco , un deles co sufixo correspondente ao latino - ale , O Xuncal , e outro co correspondente a - aria , A Xunqueira . Ambos aparecen rexistrados no Catastro de Ensenada coas graf ías Jun- cal e Junqueira . Aparentemente non sobreviviron nin podemos coñecer
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==