Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 258 con algo de mato no barrio do Freixo, ao oeste do cemiterio particu- lar. Son aínda hoxe un extenso xestal os terreos coñecidos co nome O Xestal da Lapela , no barrio das Barrocas, ao leste da área que leva o mesmo nome ( Lapa ). O nome da planta na súa forma simple, en plural, témola nun topó- nimo da Sobreira, O Mato das Xestas ( Mato ). Xinela — — A Xinela / As Xinelas (O Portal) Existe alternancia entra a forma singular e plural ( A Xinela ou As Xinelas ) para o nome que designa unha zona de campos de labor no barrio do Portal, ao oeste de Prado. É posible que a denominación en orixe fose un singular Xinela , que acabou usándose en plural, como ocorre noutros casos, ao dividirse o terreo en diferentes herdades. O topónimo aparece rexistrado no Catastro de Ensenada coa grafía Jinela , e tamén se documenta nese catastro un composto Jinela de Pazo ou do Pazo . Xinela é probablemente unha variante do substantivo xanela , proce- dente do latín januellam ‘pequena fiestra’, derivado con sufixo diminu- tivo do substantivo janua ‘porta de entrada’. O topónimo puido vir mo- tivado por ser un sitio con boas vistas, como ocorre noutros topónimos de significado semellante, como balcón ( ) ou fiestra . Non obstante, non podemos descartar a posibilidade de que o topónimo conteña un sobrenome persoal. Xoán Costas Xan Xoán — — As Xoanelas (A Sobreira) — — San Xoán / San Xoán do Freixo (O Freixo) — — Capela de San Xoán do Freixo (O Freixo) — — Estrada de San Xoán (O Freixo) — — Fonte de San Xoán (O Freixo) O nome persoal Xoán é un dos nomes máis comúns na tradición cris- tiá. Ademais do topónimo Xan Costas ( ), témolo noutros topónimos
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==