Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 24 Acebiñeiros Aceviñeiros Aceiteiros — — Aceiteiros / O Campo de Aceiteiros (O Freixo) Recibe os nomes de Aceiteiros ou O Campo de Aceiteiros unha área de prados, mato e arboredo en San Xoán, no barrio do Freixo. Ten a aparencia dun derivado de aceite , mais descoñecemos a motivación do seu uso como nome de lugar. Cabe a posibilidade de que sexa en orixe un sobrenome de propietario, acaso aplicado a persoas que comercian con aceite. En Galicia Nomeada rexístranse unha ducia de topónimos Aceiteira ( s ) ou Aceiteiro ( s ) que seguramente non responden á mesma motivación. Nun estudo da toponimia de Saiáns (2011) relaciónase o nome dunhas terras chamadas As Aceiteiras co feito de que se paga- se por elas de renda anual « un cuarteirón de aceite » , segundo consta documentalmente. Tamén podería pensarse que baixo a aparencia de derivado de aceite se agache unha alteración doutro nome, como unha forma relacionada co verbo aseitar ‘axexar, vixiar’, ou un derivado asenteiros , de asentes , un dos nomes galegos da planta Artemisia ab- sinthium , mais crémolo pouco probable, pois este Aceiteiros do Freixo debe de ser un topónimo relativamente recente, xa que non se rexistra no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados . Aceviñeiros — — Aceviñeiros (A Sobreira, A Garrida) Aceviñeiros é o nome dunha área de monte nos barrios da Garri- da e da Sobreira, entre Outide e Os Lavadouros, onda a autoestrada. Das diferentes denominacións que ten en galego a árbore Ilex aquifo- lium ( acevo, acivro, acivo… ), a variante con sufixo diminutivo aceviño , coincidente co nome portugués ( azevinho , azevinheiro ) é característica da Galicia meridional. Entre os topónimos relativos a esta árbore que figuran no Nomenclátor de Galicia como nomes de núcleos de po- boación, os máis abundantes son os que presentan a forma Acevedo . Os derivados da variante aceviño rexístranse maioritariamente na Raia Seca ourensá, algúns deles documentados desde a Idade Media ( auga do Azeviñal , 1278). A eles debemos engadir este Aceviñeiros de Vala -
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==