Toponimia Valadares

257 T O P Ó N I M O S Xarxa — — A Xarxenta / A Sarxenta (O Portal) O topónimo A Xarxenta , que designa unhas terras pola zona do Foxo, no barrio do Portal, é posiblemente un derivado colectivo co sufixo - ento , - enta (como o de Maruxentos  ) a partir do substantivo xarxa , nome común galego da planta arbustiva identificada co nome científico de Salvia officinalis , tamen chamada salvia , de uso medicinal. A regular transcrición do topónimo como Jarjenta ou Xarxenta nas fon - tes escritas ( Xarxenta no Libro de afanegados ) fai menos probable que o topónimo conteña unha forma feminina de sarxento , empregado como alcume ou sobrenome de propietario. Xeixo  Seixo Xesta — — O Xestal (As Barrocas) — — O Xestal (O Freixo) — — O Xestal da Lapela (As Barrocas) — — Fonte do Xestal (As Barrocas) — — O Mato das Xestas (A Sobreira) O substantivo xestal é un derivado colectivo de xesta (< latín genis - tam ou genestam ), denominación común para as diversas especies de plantas leguminosas do xénero Sarothamnus e outros xéneros afíns. A importancia do aproveitamento das xestas na cultura rural tradicional explica a súa abundante presenza na flora de Galicia e tamén na súa toponimia. Na parroquia de Valadares temos varios topónimos rela- tivos ás xestas. O Xestal , no barrio das Barrocas, é un colectivo que nomea unha área de campos fronte á reitoral; preto da zona atópase a Fonte do Xestal , co seu lavadoiro e na actualidade en estado de se- miabandono. O Xestal é tamén o nome dunha pequena área de prado

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==