Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 256 tro viveiro de propiedade real « na Cardosa » , do cal non queda hoxe vestixio toponímico. Volta — — A Volta do Groño (As Barrocas) — — A Volta dos Seixos (A Igrexa) — — A Volta de Vales (A Sobreira) Volta e revolta son termos comúns para designar unha curva nunha vía pública. A toponimia de Valadares singularizou tres voltas, dúas na estrada xeral e a terceira na estrada da Garrida, cos topónimos A Volta do Groño , A Volta dos Seixos e A Volta de Vales ( Groño , Seixo , Val ). Xabre — — A Xabreira (O Freixo) Xabreira constitúe un derivado do substantivo xabre ‘terra areosa’, procedente do latín sab ŭ lum ‘area’. Na toponimia adoita designar te- rreos destas características. A Xabreira en Valadares é o nome dun pe- queno núcleo de vivendas na aba oeste do monte dos Pozos, no barrio do Freixo. Xan — — Xan Costas / As Ancostas (O Freixo) Xan é unha variante hipocorística ou coloquial do nome persoal mas- culino Xoán (< iohannem ). É un nome da tradición cristiá, moi común en Galicia en todas as épocas, do mesmo xeito ca o santo correspondente ( San Xoán , Seoane ) é advocación de numerosas parroquias gale- gas. Un topónimo que contén a secuencia onomástica de nome con apelido Xoán Costas ou Xan Costas agóchase nas formas alternativas Sancostas e As Ancostas con que se rexistra nalgunhas fontes docu- mentais contemporáneas un campo de labor ao leste da Tomada, no barrio do Freixo . No Catastro de Ensenada consta como «sitio de Juan Costas » , e tamén se rexistra en 1672 en documentos do convento das franciscanas de Vigo co nome de Joan Costas ou Campo de Juº Costas .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==