Toponimia Valadares

255 T O P Ó N I M O S Viña — — As Viñas (O Portal) — — O Campo da Viña / A Chan da Viña (As Barrocas) — — A Vesada da Chan da Viña (As Barrocas) O substantivo viña (< latín vineam ) é moi común na toponimia ga- lega, por ser o cultivo da vide unha actividade común en Galicia xa desde a Idade Media. En Valadares, segundo amosan o Catastro de Ensenada e o Libro de afanegados , eran moitas as terras destinadas ao cultivo de videiras. No barrio do Portal, unha zona habitada ao norte do Outeiro co- ñécese como As Viñas . Outros topónimos que conteñen o substantivo son O Campo da Viña e As Vesadas da Chan da Viña , ambos locali- zados no barrio das Barrocas, onde houbo en tempos, segundo amosa o Catastro de Ensenada, unha área chamada A Viña que motivou estes topónimos. O primeiro deles, O Campo da Viña (nome dunhas terras ao sur das Vesadas), alterna co nome A Chan da Viña . Tamén aparecen atestados no Catastro de Ensenada os compostos As Viñas da Valada e As Viñas do Groño . Viragaia  A Miragaia Viveiro — — O Viveiro (A Garrida) Do latín vivarium , o termo viveiro designa un espazo destinado ao cultivo de enxertos ou de árbores sementadas que unha vez crecidas son transplantadas. Na maioría das parroquias de Vigo existían devesas (  Devesa ) de propiedade real onde se adoitaban plantar os exempla- res cultivados nestes viveiros. En Valadares, O Viveiro é unha pequena área, hoxe de campo e de mato, no barrio da Garrida, xusto a carón de Outide da Garrida e precisamente moi preto da chamada Devesa do Rei, polo que supoñemos que o nome vén motivado por ser terra destinada á mencionada función. De feito, no Catastro de Ensenada, na relación de propiedades do rei, aparece rexistrado un «vivero al sitio de Outide Garrida, cuatro ferrados primera calidad, cerrado » , que identificamos con este mesmo sitio. Nese catastro tamén se rexistra ou-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==