Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 254 Vilcha — — A Vilcha (As Barrocas) Chámase A Vilcha unha pequena área de campos ao oeste da zona da Valada, no barrio das Barrocas. Cremos que contén un sobrenome feminino creado a partir dun apelido Vilches , apelido foráneo en Ga- licia, orixinario da poboación de Vilches, na provincia andaluza de Xaén. Nun Libro de apuntes das franciscanas de Vigo sobre propiedades do convento no Val de Fragoso no século xvii (AHN, Clero, L. 19968, Pares) atopamos referencia a unha propietaria chamada María Gonzá - lez Vilcha , probablemente pertencente á mesma familia que motivou este topónimo. Vimbio — — O Vimbieiro (O Freixo) A árbore salicácea Salix viminalis recibe en galego os nomes de vim- bieiro , vimbieira , vimieiro . O vimbio (< latín vim ĭ nem ), a vara flexible desta árbore ou arbusto, tivo moitos usos agrícolas e artesanais. Un topónimo O Vimbieiro (< latín viminarium ) nomea uns campos de labor no barrio do Freixo, ao norte da Costa do Freixo. Os vimbios adoitaban cultivarse no bordo das herdades, acotío a xeito de sebe nos lindes. Vínculo — — O Vínculo (O Freixo) O Vínculo é unha zona de campos de labor dentro da área coñecida como A Galiñeira, no Freixo. O substantivo vínculo (do latín vinc ŭ lum ‘atadura’) ref írese á condición administrativa dun conxunto de bens he- reditarios vinculados á casa familiar que non podía ser nin repartido nin vendido, e que herdaba o fillo que recibía a condición de vinculeiro , normalmente o varón primoxénito.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==