Toponimia Valadares
253 T O P Ó N I M O S acabasen perdendo. No Catastro de Ensenada, ademais dos menciona- dos, rexístranse outros tantos hoxe desaparecidos, en xeral escritos coa grafía errada beiga : Beiga de Riva , B. de Pedras ou das Pedras , B. de Prado , Beigas de Campos , Beigas das Barrocas … Vesar — — As Vesadas (As Barrocas) — — As Vesadas (O Freixo) — — As Vesadas do Fabás (A Sobreira) — — A Vesada da Chan da Viña (A Garrida) — — As Vesadas da Pouleira (A Garrid) Unha vesada (< latín versatam , participio do verbo versare ‘arar, abrir sucos na terra co arado’) é outro dos substantivos referidos ao proceso de amansar terras bravas para destinalas ao cultivo. Na actualidade, este topónimo pervive na parroquia na forma As Vesadas como nome dunha zona de campos de labor no barrio das Barrocas, ao norte do núcleo das Barrocas, e tamén se coñece como As Vesadas unha área de monte no barrio do Freixo, ao suroeste do Zondal. Ademais da forma simple, o termo aparece en compostos onde o segundo elemento se refire á súa localización: As Vesadas dos Fabás ( Faba ), que designa uns campos de cultivo ao sur dos Fabás, no barrio da Sobreira; As Vesadas da Pouleira ( Poulo ), no barrio da Garrida, e A Vesada da Chan da Viña ( Viña ), ao sur das Vesadas, nas Barrocas. Vilar — — O Vilariño (A Garrida) Vilariño é unha forma diminutiva de vilar , do latín villarem , derivado de villa , en orixe ‘vivenda no campo con explotación agrícola’. Os to- pónimos Vilar son de orixe medieval e adoitan designar un ‘conxunto de casas que forman un grupo separado dentro da aldea’ (DRAG). O Vilariño , en Valadares, é o nome dunha pequena masa forestal no barrio da Garrida, ao oeste dos Mangales e, dado que non se ato- pan rexistros escritos do topónimo onde conste como sitio habitado nin hoxe hai no lugar vestixios de que o fose, é posible que o nome veña motivado por un apelido de propietario.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==