Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 252 — — Veiga de Abajo (As Barrocas) — — Veiga de Arriba (As Barrocas) — — Veiga da Mina (As Barrocas) — — Veiga de Pedro (As Barrocas) — — Veiga Grande (A Sobreira) — — Veiga da Comareira (A Sobreira) — — Veiga da Sobreira (A Sobreira) — — Veiga da Corte (O Freixo) — — Veiga da Fonte (O Freixo) — — Veiga da Eira (O Portal) O termo galego veiga designa terras baixas e fértiles, con frecuencia na beira dun curso de auga e destinadas ao cultivo, polo que nalgunhas zonas de Galicia pasou a adquirir o significado xenérico de ‘terra de labor’. Aínda que de etimoloxía controvertida, non hai dúbida de que tanto o galego e o portugués veiga coma o correspondente castelán vega son termos de orixe prerromana. Trátase dun substantivo cunha presenza moi relevante na toponimia galega, o que se confirma no caso de Valadares, onde temos máis dun- ha ducia de nomes que o conteñen. O máis frecuente é que apareza formando un composto cun segundo elemento que se refire, na maioría dos casos, á súa localización. Así ocorre nos casos da Veiga de Arriba , a Veiga de Abaixo e a Veiga do Medio , preto dos Bértolos, no barrio das Barrocas; a Veiga da Fonte de Abaixo , a Veiga da Fonte de Arriba e mais a Veiga da Sobreira , no barrio da Sobreira; outro topónimo, a Vei- ga da Fonte de Abaixo , no barrio das Barrocas (posiblemente motivado pola próxima fonte da Cacheira), a Veiga da Eira (campos de labor con algunha vivenda no barrio do Portal, xunto ás Cortes), a Veiga da Corte , a Veiga da Comareira e a Veiga da Mina . Outros compostos están relacionados con algunha característica particular da veiga, ás veces en relación co tamaño, como na Veiga Grande (unha área extensa de terras ao oeste do Padrón do Couto, na Sobreira) ou A Veiguiña , que nomea unha zona de campos de labor ao norte de San Xoán, no barrio do Freixo. Nalgúns casos o segundo elemento é un nome de propietario, como na Veiga de Pedro , denomi- nación alternativa da propiedade coñecida como A de Pedro (  ). Os cambios na configuración orográfica, debidos principalmente á urbanización, mais tamén á muda de actividades e de modelo econó- mico, provocaron que non poucos topónimos con este substantivo se

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==